15/4/20

Recomendacións para ter acceso a libros en formato dixital

Recomendación da RAG (preme na imaxe)

 Xerais (@Xerais) | Twitter


A xunta pon a disposición de toda a poboación, durante o confinamento polo coronavirus, 4.500 títulos das bibliotecas públicas de Galicia.

www.Galicia Le.gal

Non tes carné de biblioteca? Rexístrate e coas claves que recibirás, accederás igualmente a eBiblio Galicia e ao Catálogo galego. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe.

Hai que rexistrarse para acceder aos libros dixitais, para o que compre:
 Ter un ordenador, tableta, … compatible.
 Unha conta de correo electrónico.

Os/as menores de 14 anos tamén poden rexistrarse, con permiso dun adulto responsable (pai, nai, titor/a).
   

                                                                                         EDLG-BIBLIOTECA

POEMAS COMPARTIDOS

Entre o DÍA DE ROSALÍA, 24 de febreiro, e o DÍA DA POESÍA, 21 de marzo, estábamos a facer una actividade que lle chamamos
POEMAS COMPARTIDOS
na que cada membro da comunidade educativa podía agasallarnos cun poema, de Rosalía de Castro ou outro/ autor/a galego/a.
Este poema sería colgado, nun espazo acondicionado do vestíbulo, para poder coller outro e gozar coa súa lectura.

Tendo en conta as circunstancia actuais é difícil compartilos, pero
todo o alumnado que queira pode copiar un poema, ou más de un se así desexa, e, cando regresemos ao colexio xa poderemos levalos e compartilos.

As condicións que deben cumprir son:
Escrito en galego.
Boa letra, boa presentación, pode incluír ilustracións.
Seguir o esquema da plantilla (preme aquí).

Poden participar nenos e nenas desde 1º a 6º, pero tamén nais, pais, …

Ánimo!
Esperamos o teu agasallo!


Equipo de Dinamización da Lingua Galega

POESÍAS COMPARTIDAS by Marcos Portela on Scribd