8/3/16

7/3/16

O XOGO DO CHIFLO

O Xogo do chiflo foi un obradoiro no que participaron os nenos e as nenas de 5º e 6º, no que aprenderon moitas cousas sobre a historia de Pontevedra a través da cooperación, a atención e a creatividade. 
O Chiflo é un personaxe que crea crebacabezas e guía aos nenos e nenas nunha historia sobre os segredos, persoeiros e tradicións da nosa cidade.
A través dos xogos e probas, foron atopando as solucións para montar cada cara dun cubo de cartón, con imaxes, frases, monumentos e persoeiros.

OBRADOIRO DÍXOME DÍXOME

O alumnado de 1º, 2º e 3º aprendeu moito vocabulario, moitos refráns e trabalinguas en galego co obradoiro Díxome díxome.




OBRADOIRO DE DOBRAXE 1º e 2º

Os nenos e as nenas de 1º e 2º pasárono en grande con este obradoiro de dobraxe. 
Uns dobradores da tvg viñeron ao noso cole para aprendernos cómo se fai a dobraxe nas películas e series. 
E nós dobramos nada máis e nada menos que un capítulo de Bob Esponxa.

ENTROIDO 2016