O alumnado recitou un poema escrito para a ocasión e cantou "Resistiré". Finalmente, foron depositadas unhas flores ao pé da árbore.
Cada póla é unha aperta;
cada brote, unha lembranza;
cada flor, un sentimento.
Aquí fala... a esperanza.
Hai palabras saborosas que alimentan o pensamento. Hai palabras agarimosas que quentan o corazón. Hai palabras soñadoras que nos levan de aventuras. Hai palabras doces, lambetadas para os sentimentos. Hai palabras en galego: saborosas, agarimosas, soñadoras, doces... que esperan mergulladas, ser escoitadas. A que esperas?!