29/11/19

NOVEMBRO, MES DA IGUALDADE

Esta semana tivemos un gran programa para traballar a igualdade no noso centro. Houbo actividades moi interesantes para todos os niveis!

 O luns, Día da Eliminación da Violencia contra a Muller,Pablo Abelleira, ex alumno deste centro e membro de NEOFEM (grupo que traballa a prol da igualdade e que recibiu o 1º premio  do concurso Ernestina Otero Sestelo, na categoría de Educación Secundaria, no ano 2018), fíxolles reflexionar  aos nenos e nenas de 5º e 6º sobre a desigualdade entre homes e mulleres, a violencia de xénero e  diferentes cuestións relacionados con este tema, como a publicidade sexista. Foi unha charla dinámica na que participou gran parte do alumnado asisente. Parabéns, Pablo, que gran sorte poder contar contigo neste día tan especial!

O martes o alumnado de 1º e 2º puideron escoitar uns contos moi especiais  sobre "Príncipas e princesos" dos Contos de Pablísimo! Que divertido e necesario cambiar os contos!!




E, por último, o alumnado de 3º e 4º puido gozar dunha grande actuación do grupo teatral "Migallas"!! A obra representada era “Elas pintan moito”.

Foi  unha sesión de contos baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron. A través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama, abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística.



PREME PARA VER MÁIS FOTOS


28/11/19

Que ben fala Juan de 2º B!!

Magnífico relato sobre o seu añiño!! Participou no XVI Concurso de Relato oral "Tíralle da Lingua" que orgaizou a Asociación Socio-Pedagóxica Galega co obxectivo de normalizar o uso oral do galego e contribuír a que este idioma se converta en instrumento normal de comunicación e creación de historias. Foi o participante máis novo e fíxoo de marabilla, só hai que ver o vídeo para comprobalo! Parabéns, Juan!!