1/4/20

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL: 2 DE ABRIL





Nesta data lembramos ao escritor de contos clásicos Hans Christian Andersen. Os seus contos son coñecidos por todos e todas:
El ruiseñor, La Sirenita, El Patito Feo, El soldadito de Plomo, La reina de las Nieves…
O Traxe novo do Emperador (En galego)
Podemos aproveitar estes días na casa para ver vídeos dos seus contos no YouTube.

Se premes nesta ligazón Día do Libro, podes atopar máis entradas publicadas neste blog!



31/3/20

CATRO XOGOS EN GALEGO PARA O CONFINAMENTO



Xogar en galego é unha posibilidade real durante o confinamento. A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) ofrece na súa páxina web, totalmente de balde, catro opcións diferentes e online, para nenas e adultas, cos que pasar as horas durante este encerro.


LENDO NAS NOSAS CASAS


LENDO NAS NOSAS CASAS

Nestes días de confinamento queremos darvos algunhas ideas para gozar da lectura na casa. 

Xenerosamente algunhas editoriais poñen a nosa disposición algúns títulos para que poidamos ler nos nosos dispositivos de balde. Fagamos un bo uso destas iniciativas e gocemos da compaña dos libros.
En galego:
  • Baía edicións
  • Xerais
En castelán:
  • Anaya

Outras iniciativas:
  • canal KALANDRAKA TV, ofrécenos contos contados.
  • TVG -Contos do camiño
  • Aulas galegas. Lecturas compartidas (hai unha ligazón perrmanente na web do cole, á dereita)
  • Os Bolechas- YouTube (Vídeos animados dos contos)
  • GaliciaLe
A plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.