26/3/21

COÑECENDO O ENTROIDO DE COBRES



Este curso, o Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro propuxo traballar os "Entroidos tradicionais", xa vedes que fermoso mural se fixo entre todo o alumnado; así quedounos moi claro de onde son os Peliqueiros, os Cigarróns, os Vergalleiros, os Volantes...e, como non, as Madamas e Galáns!! 

E onte, día 25 de marzo, tivemos a sorte de contar coa visita de Lidia Peleteiro Arosa e Yolanda Rosales Buceta (grazas á colaboración da nosa ANPA), que pertencen á Asociaión Cultural Cobres . Contáronos todo sobre este entroido: a confección dos traxes, o sentido desta celebración, os bailes que realizan e os seus xogos populares (Galo no Río, Galo na Vara e Corrida do Galo) . 

Previamente viñeran montar os fermosos traxes, que flanquean o noso mural, cos seus impresionantes abalorios e sombreiros cheos de flores.

 Agradecemos enormemente o seu tempo e a interesante e amena charla. 
Grazas, esperamos contar con vós outro ano!

FOTOS DA EXPOSICIÓN (preme na foto).

                                         

FOTOS DA CHARLA (preme foto).