venres, marzo 21, 2025

VISITA DE ROSA ANEIROS

Hoxe os nenos e nenas de 5º recibiron a visita de Rosa Aneiros, a escritora do libro "Faísca, a nena neandertal". Nel conta a historia duns nenos que van de campamento e na visita a un xacemento arqueolóxico se atopan cunha nena neandertal coa que terán que facer boas migas se queren sobrevivir nun mundo tan hostil como fermoso.

Grazas pola túa visita, Rosa! Encantounos!







VENRES DE CONTO

Outro venres máis gozamos dun contacontos na hora do recreo. Esta vez foron Eva e Valentina as encargadas e escolleron o libro "Os mil brancos dos esquimós".

Grazas pola vosa participación e por compartir este momento con todos nós!




mércores, marzo 19, 2025

TROCA DE LIBROS. FEIRA DO LIBRO USADO 2025

Un ano máis, volve o Trocalibros!

Se queredes darlle unha segunda vida a eses libros que xa non usades e queredes que outros os disfruten, esta é a vosa oportunidade. 

No cole colleremos todos aqueles que traiades, sempre en bo estado, e darémosvos uns vales para poder cambialos o día da feira por outros libros que desexedes. 

Esperámosvos nesta xornada literaria o día 30 de marzo no Pazo da Cultura de Pontevedra, en horario de 11.00 a 14.00 h.

Animádevos a participar!

VISITA DE LEDICIA COSTAS

Este luns, 17 de maio, o alumnado de 3º tivo o pracer de contar coa vista de Ledicia Costas despois de ler o seu libro "Curriño. O can influencer".  
Unha historia divertida e diferente na que Curriño é o can máis lindo e famoso. Vive a corpo de rei e coas mellores atencións, pero por desgraza está a piques de descubrir que a vida forá de todo o seu luxo é máis dura do que el cheiraba.

Grazas, Ledicia, por compartir este momento connosco e por esta historia que tanto nos gustou. Estes nenos e nenas xa leron a segunda parte e están desexando que chegue a terceira.





Ademáis sorprenderon á escritora cun fantástico mural! Deixamos aquí un vídeo da súa elaboración.





domingo, marzo 09, 2025

VISITA DE MARTA VILLAR

A escritora Marta Villar estivo co alumnado de 4º para compartir o seu libro "Os peidos máxicos de Sultán". Un libro moi divertido onde conta a historia dun neno que se atopa cun can que parece ser que ten poderes máxicos, pero uns poderes un tanto peculiares, algo fedorentos e de consecuencias pouco desexables.

Grazas por vir, Marta, e por facernos pasar un momento tan agradable.







venres, febreiro 28, 2025

ENTROIDO 2025

 Como podedes comprobar no seguinte vídeo, o ENTROIDO deste ano gañaría un Óscar, xa que foi un ENTROIDO de cine!!


xoves, febreiro 27, 2025

VENRES DE CONTO

Naiara e Eric tamén se animaron a participar nos Venres de conto con "A galiña que non quería poñer ovos".

Moitas grazas por compartir esta lectura connosco!


domingo, febreiro 23, 2025

DÍA DE ROSALÍA 2025

No cole xa sabemos be quen foi Rosalía, até os máis cativos!! E nun fermoso acto cantamos o seu famoso poema : "Adeus, ríos; adeus, fontes..."

luns, febreiro 17, 2025

XADREZ NA BIBLIO

O pasado venres iniciamos unha nova actividade na biblioteca durante o recreo, "Xadrez na biblio". A verdade é que tivo moito éxito, así que continuaremos moitos máis recreos con este deporte. 

Estades todos invitados a xogar! 

Esperámosvos na biblioteca!







mércores, febreiro 12, 2025

OBRADOIRO DE CINE E MAXIA. OS MARTES CONTAN CON ARTE

Este martes contamos coa visita da compañía Lagriot´te para realizar un obradoiro de cine e maxia. Faláronnos das orixes do cinema e a súa faceta máis máxica a través das primeiras gravacións da historia. Aprendimos moitísimo! 

Tamén fixemos a nosa propia película e para finalizar construimos un taumátropo.

Pasámolo en grande!

luns, febreiro 10, 2025

VISITA DE JULIA CASTRO

  Dentro das actividades relacionadas co noso PDI O CINE, tivemos a sorte de contar coa visita de Julia Castro, unha profesional moi dinámica: periodista,   técnica audiovisual con experiencia en grabación e edición de vídeo e  creativa guionista.

Foi unha charla moi interesante que nos achegou o mundo do cine dende unha perspectiva moi real.  

Preme na foto para ver o álbum


venres, febreiro 07, 2025

VENRES DE CONTO

Durante o recreo de hoxe puidemos gozar do conto "Cans de ribeira", contado por Maja e Elia, dúas nenas de 4º.  
Grazas pola vosa participación!







xoves, xaneiro 30, 2025

LECTURAS COMPARTIDAS POLA PAZ

Que ben leron estes nenos e nenas de 6º e que ben os escoitaron!!

 

Preme para ver máis fotos

VENRES DE CONTO

Damos comezo de novo aos "Venres de conto"! 

Se estás interesado en lerlle un conto aos teus compañeiros/as ou queres compartir unha historia escrita por ti, non dubides en anotarte.

Esperámoste os venres na biblio!



A PAZ NO CEP MARCOS DA PORTELA

 Ademais da actividade de papiroflexia, que se pode ver na entrada anterior, para celebrar esta conmemoración fíxose un programa de radio e  un emocionante baile colectivo, no que participaron alumnado e familias. Como sempre un día especial! Mais como puntualizaron os alumnos de 6º, no seu manifesto, a paz non debe ser unha celebración dun día, senón de todos os días da nosa vida.

AQUÍ (preme no texto) podedes escoitar o magnífico programa de radio realizado polo profe Rafa e alumnado de 6º. Agora xa sabemos quen era Ana Frank e a necesidade de acabar coa violencia das guerras.

Este é o fermoso retrato de Anna Frank, que realizou o profesor Eduardo. Parabéns!!
Fermoso mural onde aparecen os desexos de PAZ, de todo o alumnado, no diario de ANNA FRANK.



PAPIROFLEXIA POLA PAZ

 Hoxe, na hora do recreo realizamos na biblioteca un obradoiro de papiroflexia pola paz. Os nenos e nenas de 5º e 6º foron os encargados de ensinarnos a facer pombas, grúas e nenúfares con papel.

Escollimos estes tres elementos pola súa relación coa PAZ.

A pomba é un símbolo de representación de paz e amor en moitas relixións e lugares.

As grúas tamén se converteron en símbolo de paz, ademais de curación e esperanza. Isto ten a súa orixe na historia de Sadako Sasaki, unha nena xaponesa que se propuxo facer mil grúas de papel para que se concedera o desexo de curarse da enfermidade que contraera a raíz da explosión nuclear de Hiroshima en 1945.

Os nenúfares representan a resiliencia e a capacidade de superar os desafíos. Estes florecen en augas pantanosas, sendo quen de renovarse e medrar en condicións adversas.

Grazas a todos por participar! 

                                              

                                              

                                              

                                                      

                                                     

                                                     

                                                     

                                                     

                                                     

                                                     

                                                     

                                                     



 

FESTIVAL DE INVERNO


Como sempre, este ano desfrutamos dunhas magníficas actuacións musicais no noso festival, no que participou todo o alumnado do noso centro, dirixido polo profe Rafa.

Dende o centro queremos dar as grazas a todas familias que participaron na fermosísima decoración de Nadal; a nosa entrada, corredores e escenarios convertéronse en verdadeiras obras de arte. Parabéns polo voso saber facer e  creatividade. Grazas!

Este ano, como todos os anteriores, puidemos desfrutar dun novo e marabilloso belén, realizado como sempre por Mª Jesús, unha artista que domina a arte da miniatura!

PREME NA FOTO


                                                               

VISITA DE ROSA ANEIROS

Hoxe os nenos e nenas de 5º recibiron a visita de Rosa Aneiros, a escritora do libro "Faísca, a nena neandertal". Nel conta a hist...