4/12/13

A VENDIMA NAS CASAS DE LAURA, LUCÍA E MARTA

Estas tres alumnas de 6º A trouxeron unhas fermosas fotos sobre a vendima que se realizou nas súas casas. A través delas pódese ver todo o proceso da elaboración do viño.

3/12/13

O APALPADOR: CONTO, "KARAOKE" E MOITOS RECURSOS

Xa chega o Nadal!! Queres escoitar un fermoso conto sobre o Apalpador? Se non sabes quen é, poderás descubrilo!


 
E agora imos cantar unha panxoliña sobre este personaxe!!

2/12/13

POEMAS E REFRÁNS DE OUTONO 1º CICLO

Parabéns aos nenos e nenas que participaron nestes vídeos e, como non, ás súas profesoras!!! Que ben o fixeron!!

27/11/13

O LIBRO DO OUTONO

Que fermoso libro fixemos entre todos/as!! Hai moito que ler, pero seguro que vos gusta porque está feito por vós!

O Libro do Outono by acboullosa

25/11/13

GRAVACIÓN PARA ONDA CERO/ FOTOS E VÍDEO

Que ben o fixeron estes nenos e nenas!! Falaron da vendima, do millo, da pataca, da cabaza, leron poemas e ata cantaron. Que máis se pode pedir?!
 A partir do luns, 25 de outubro, poderedes escoitalos de 11:50 a 12 na emisora de ONDA CERO PONTEVEDRA. O alumnado de 6º A, B e C tamén participaron nesta gravación, pero no aparecen no vídeo por "problemas técnicos" (esgotamento da batería). Podedes ver aos alumnos/as participantes nas fotos.

21/11/13

O MAGOSTO

Que ben o pasamos,  e que ricas estaban as castañas!! Aquí tendes unha chea de fotos en dúas presentacións.

13/11/13

CANTEMOS AO MILLO

Agora xa coñecemos todo o proceso para poder degustar este rico cereal; así que, para rematar , cantemos esta fermosa canción do libro "Pan de Millo" de Migallas. A cantar!!

Letra (fragmento)
 Se pan de millo
vas merendar
mira o traballo
que hai detrás. (Bis)
 Hai que plantar.
Hai que esperar.
Logo nacer
e esfollar. (Bis)
 Se pan de millo...
 Hai que gardar.
Hai que debullar.
Logo moer
e peneirar. (Bis)

4/11/13

O MILLO, DA TERRA Á MESA!

O Equipo de Dinamización Lingüística realizou esta pequena presentación sobre este cereal, que nos chegou de tan lonxe. 
                                                Preme no + para poñer en pantalla completa.



E agora queredes ver como funciona o muíño, pois aquí o tendes:

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN 2013

E chegou o Samaín!! Parabéns a todos os nenos, nenas, pais, nais... por participar!
Nesta presentación de fotos, ademais das cabazas,  pódese ver como quedou adornado o noso "cole". Hai que llo agradecer ás nais, que moito traballaron para conseguir deixalo terrorificamente fermoso!!

4/10/13

REFRÁNS DE OUTUBRO

Xa comezou outubro, e que mellor que unhas cantigas para recibilo!

Naquela banda do río,
ten meu pai un castiñeiro,
bota castañas no outono
uvas no mes de xaneiro.

San Simón, San Simonciño,
bendíceme este cordón
que dá nove voltas
ao redor do corazón.




E agora, unha morea de refráns deste mes!!  
     
A lúa de outubro sete lúas cobre, e se chove, cobre nove.
A verdura de San Simón dá "pro" amo e mais "pro" ladrón. 
A verdura en outono cómea o seu dono.
Áncoras ao fondo, que chega San Simón.
As avenidas de San Simón, antes ou despois sonadas son.
As enchentes de San Simón sonadas son, ou antes ou despois enchen o carro e mais os boi.
En outubro, a terra esterca e cobre. 
En San Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa. 
O día de San Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas. 
Pasados os Remedios e San Roque, xa non hai sesta nin merendote.
Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar.
Polo San Lucas mata o teu porco e barra a túa cuba / as túas cubas. 
Polo San Lucas saben ben as uvas. 
Polo San Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas. 
Polo San Simón apreta o baldón. 
Polo San Simón proba o viño, e o porco polo San Martiño. 
Polo San Simón tapa o portelo da sazón, o da resteva non. 
Polo San Simón, áncoras ao fondón. 
Por San Francisco bota o liño mourisco, se o botas en San Simón nin da estopa nin estopón.
Por San Francisco, risco, risco. Por San Lucas alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba.
Por San Martiño e San Xudas, piñeiriña das túas uvas.
Por San Quintín castañas ó rolín.
Por San Simón a xeira do cogordón. 
Por San Simón cada moeda vale un doblón.
Por San Simón e San Xudas, collidas as uvas.
Por San Simón e San Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.
Por San Simón o néspero se repón.
Por San Simón, aperta o baldón.
Por San Simón, camiñar si, navegar non.
Por San Xudas e San Simón, collidas as uvas son.
Quen en San Miguel esterca, desde casa rega. 
Quen en San Miguel planta, un ano adianta.


VOCABULARIO

baldónsubstantivo masculino1Tapón, xeralmente de cortiza, con que se tapa o burato das pipas, barrís etc., por onde se enche o viño





30/9/13

XA CHEGOU O OUTONO!! RECURSOS

                                                       OUTONO

As árbores espidiñas 

sen follas,

                                    sen folliñas.

Os esqueletos de xeo

   amosan

os seus outonos,

os seus laios,

os seus soños.

Unha alfombra

 cobre o chan,


tapiz de follas caídas,

      folliñas

que veñen e van.

      Folliñas

lixeiras e secas

               fatigadas

                 de troular.
                            
Folliñas

      que bailan

         co vento

   todas collidos

        da man. 

Poema de Antonio García Teijeiro


                                                                       
       E con el chega a vendima, a esfollada, a matanza do porco...
       As "profes" do primeiro ciclo xa andan a traballar na vendima co seu alumnado. A ver se pronto todos nos metemos nestes traballos de outono.
       Aí vai unha presentación realizada por este equipo sobre o proceso de elaboración do viño.

Na seguinte ligazón está a presentación con animacións e transicións automáticas:
O PROCESO  DE ELABORACIÓN DO VIÑO

Presentación sen animacións:
 
O PROCESO from endlmarcosdaportela

Aquí tendes este estupendo LIM realizado pola "profe" Magdalena:
--Object------------ --Iframe------------ --Url--------------- https://dl.dropboxusercontent.com/u/102885591/a_vendima/lim.swf?libro=a_vendima.lim


RECURSOS DO SAMAÍN

XOGO DO SAMAÍN

QUE É O SAMAÍN?