Amosando publicacións coa etiqueta Día da Poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Poesía. Amosar todas as publicacións

xoves, xuño 08, 2023

DÍA DE ROSALÍA E DÍA DA POESÍA

Para celebrar o Día de Rosalía, as diferentes aulas decoraron as súas portas con poemas de Rosalía de Castro. A verdade é que fixeron un traballo marabilloso e quedaron preciosas.

PREME PARA VER MÁIS

No Día da Poesía continuamos, como xa é tradición, co noso recital de poesía. O alumnado recitou poemas desta nosa querida autora. Menudos artistas!

Non vos perdades os vídeos de 1º e 2º PREME AQUÍ !!




luns, marzo 20, 2017

DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE


Este ano, para celebrar o Día da Poesía,  imos coser versos! Xogaremos a formar poemas a partir de versos recortados. Ademais, na nosa Primavera das Letras, penduraremos poemas orixinais ou copiados  nas árbores que se porán na entrada. Anímate, todos levamos un / unha poeta en nós, non si?!

 Para ver entradas anteriores con recursos e actividades sobre este tema, preme na seguinte ligazón:




DÍA DA POESÍA EN 4º B
PREME NA FOTO





DÍA DA POESÍA 4º A
https://goo.gl/photos/e4q1FvTJ8wPe7tZ17
PREME NA FOTO

PREME AQUÍ PARA LER  "ANUNCIOS POR PALABRAS"


PREME AQUÍ PARA LER "DA MAN DE ANTÓN CORTIZAS"·

domingo, abril 19, 2015

DÍA DA POESÍA

E así conmemoramos o Día da Poesía no CEP Marcos da Portela, traballando poesías relacionadas coa temática da luz.

O 1º ciclo traballou "O arco da vella", o 2º ciclo "O sol" e o 3º ciclo "A estrela", da obra Os soños na gaiola de Manuel María.

Con elas decoramos as escaleiras do colexio, e tamén os nenos e as nenas de 1º, 2º e 3º fixemos estes vídeo para enviar aos nosos amigos do CEP Isidora Riestra de Poio.





E así de bonitos quedaron os chanzos!


martes, marzo 18, 2014

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE

Este venres temos unha dobre celebración: o Día da Poesía e da Árbore. Xa temos preparado o  vídeo do poema "Penélope", escrito polo autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
Seguro que ides  recitar moitos dos poemas de Rosalía, por certo, que traballos máis fermosos están a facer, os nenos e nenas do cole, sobre estes poemas!! Empezamos, agora, cun vídeo do noso benquerido Manuel María e os recursos para traballar a poesía!



A nosa presentación do fermoso poema de Xosé María Díaz Castro titulado "Penélope", o primeiro con audio de alumnos e alumnas de 6º A, B e C. Despois aparece sen audio, só con música. Ollo!, non está en galego normativo.



RECURSOS
 

REVISTA CHORIMAS

 Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...