14/11/17

EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2017

https://photos.app.goo.gl/MzWfhLNnYqnH1b7t1

MAGOSTO

Como todos os anos celebramos o Magosto con divertidos xogos e comendo unhas ricas e quentiñas castañas. Tamén tomamos unhas ricas sobremesas.

 Grazas aos pais/ nais que colaboraron na celebración!!

https://photos.app.goo.gl/FSPAhtBrF94E56z23

7/11/17

DÍA DA BIBLIOTECA 2017

 Para celebrar este día fixemos unha selección de lecturas moi interesantes; algunhas, como non, de mulleres relevantes!!
Aquí as tendes!
https://photos.google.com/share/AF1QipNOZuQCLrV30C2zfKNbbprS59YfmHqemWUDxj7eRyW7I3VbLyHcsXqn7FmpVxGQYg?key=UXRyRS1HMHhVb3pKUzNaX0h3V1ptTWtTbTVuZVBB

22/10/17

A VOLTAS COS LIBROS DE LEDICIA COSTAS

Que ben o imos pasar cos estes libros!!! Moitos xa  están a desfrutar os que hai na nosa biblioteca, case non hai maneira de atopalos por alí!!
Ademais se conseguimos que merquedes un bo número de exemplares entre o alumnado de 5º e 6º, poderemos contar coa presenza da autora no noso "cole"!! Animádevos canto antes!



MULLERES CIENTÍFICAS NOS XOGUETES


BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO COA A VOZ DAS MULLERES!!

Ola, nenos e nenas!!! Este novo curso imos  escoitar moitas voceS de mulleres: Gloria Fuertes, no Día da Paz; Mª  Victoria Moreno, nas Letras Galegas; mulleres de conto, no Salón do Libro; July Merheru, en Reflejarte... e moitas mulleres máis que destacaron en todos os ámbitos das artes, das ciencias... e da vida cotiá, en xeral. Bravo a todas elas!!, loitaron nun mundo de homes superando moitas dificultades para poder ter o éxito que se merecían elas e moitas das que quedaron nun total esquecemento. Coñeceremos a vida e a obra de mulleres de relevancia internacional/ nacional, galega e, tamén, da contorna máis próxima.

Algunhas das mulleres galegas que imos estudar, de diferentes maneiras e utilizando distintos recursos, podedes atopalas nesta ligazón:


3/7/17

HOMENAXE A ÁLEX

Coa chegada da primavera, a clase de 4º B -en nome de todo o centro- rendeu homenaxe a Álex Rodríguez Ferrín, baixo o prunus plantado na súa memoria.
O alumnado recitou un poema escrito para a ocasión e cantou "Resistiré". Finalmente, foron depositadas unhas flores ao pé da árbore.

         Cada póla é unha aperta;
         cada brote, unha lembranza;
         cada flor, un sentimento.
         Aquí fala... a esperanza.






DÍA NACIONAL DA LINGUAXE DE SIGNOS

O 14 de xuño foi o Día Nacional da Linguaxe de Signos, e co  gallo dun concurso da FAXPG, a nosa compañeira Rosa  fixo este fermoso vídeo co alumnado do noso centro.

24/6/17

CHARLA SOBRE O MEL


ESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2017

Que marabilloso festival!! Tivemos un grande programa:

  • Obras de teatro: "A galiña azul", "O homiño de papel", "O merlo branco".
  • Cantos tradicionais: Actuacións dos grupos gañadores.
  • Coreografías: "Natación sincronizada", "Negra sombra" (Xoán XXIII).
  • Cancións:"Capitán, meu capitán".
  • Karaoke: "O rap da lingua".
  • Presentación do vídeo da vida e obra de Carlos Casares ( voz dos nenos e nenas de 5º).

Podedes ver as fotos na seguinte presentación:


PAIS E NAIS LECTORES

Dende a Biblioteca plantexouse implicar aos pais e nais no seu plan de actividades e, como non, moitos/as deles/delas non dubidaron en aceptar.
Grazas pola súa participación e polo ben que o fixeron!!


Faltan fotos, en breve, poremos as demais
  

22/6/17

LECTURAS COMPARTIDAS

Dende a Biblioteca organizáronse moitas actividades que fomentan a lectura entre o noso alumnado. Unha delas foi a das lecturas compartidas que se fixeron en datas sinaladas como o Día do Libro ou o Día da Biblioteca.
https://goo.gl/photos/W5ThXtoEoQfmMQK58


CANTOS NO MARCOS

Que emocionante foi esta actividade do EDL! Formáronse diferentes grupos de 3º a 6º para demostrar o ben que cantan. As cancións, como non podía ser doutra maneira, eran cantigas  tradicionais! Parabéns a todos e todas por participar!!
En primeiro lugar aparecen os tres vídeos das gañadoras.





XOGO DO CHIFLO

Que divertido foi! Esta actividade foi moi interesante: "O xogo do Chiflo". En cada unha das seis caras dun cubo de cartón, pegamos cartolinas dos diferentes traballos realizados arredor da cidade de Pontevedra, as súas tradicións, a súa historia...

https://goo.gl/photos/nF2PvFrKdXHvaJVVA

SALÓN DO LIBRO

MAGNÍFICO TRABALLO PRESENTADO NO SALÓN DO LIBRO:" PASIÑO A PASIÑO ENTRE TODOS/AS CONSTRUÍMOS UN MUNDO MELLOR".
 En cada cara dos cubos reflectíanse diferentes temáticas relacionadas coa educación responsable e co mundo que queremos. Que ben quedou! O alumnado de 2º, 4º e 6º tamén participaron en talleres moi interesantes!
https://goo.gl/photos/UhM2iYk6AcDiRe6t8

ROTEIRO DOS BOLECHAS

https://goo.gl/photos/AxbzaxMGSAqHNo2X9

FRASES FEITAS!!

Cantas frases feitas do galego estamos a aprender!! Estamos escribíndoas e decorándoas, xa miraredes que ben quedan!!

Na seguinte ligazón poderedes practicar con elas, aprender tamén proverbios e adiviñas  da  nosa lingua. Atréveste?!

 http://ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/frases.htm




RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Aquí están as recomendacións lectoras de Traslí!! Facédelle caso e gozade coa aventura da lectura!!
 Preme na imaxe para poder lelas (podes ampliar a imaxe no símbolo da dereita).



https://es.scribd.com/document/351979792/Recomendacions-Lectoras-Xuno-2017
PREME AQUÍ