27/12/23

FESTIVAL DE NADAL 2023

Marabilloso festival de Nadal 2023!! Ano a ano, o profe Rafa fai que o noso alumnado se convirta en verdadeiros/as artistas!! Parabéns!!      
  
Parabéns, tamén, por suposto, para as nais e pais que tan ben adornaron o noso centro; non deixaron recanto sen decorar!Tivemos a gran sorte de disfrutar dunhas instalacións cheas de color e de calor propio desas datas. Agradecemos enormemente o gran labor realizado pola ANPA O Miradoiro e polas familias. 
Non podemos olvidar tampouco o fermoso e inxeñoso belén froito do traballo, como todos os anos,  de María Jesús e Pablo Abelleira.



27/11/23

NOVIDADES NOVEMBRO



ABRIMOS A BIBLIO!

O Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, abrimos as portas da nova biblioteca. Un espazo que aínda non está completamente rematado e no que agardan moitas sorpresas. Entre todos decidimos decorala cuns móbiles colgados do teito, que están moi relacionados con PDI deste ano, "Meigas dentro". 

Deixámosvos un vídeo para que o vexades!

6/7/23

4/7/23

30/6/23

ENREGUÉIFATE

 Entre todas as actividades de Dinaamización Lingüística houbo unha moi interesante na que o alumnado de 6º nivel aprendeu a facer regueifas!!


PREME PARA VER MÁIS FOTOS

ENTREVISTA RADIOFÓNICA E CHARLA DA ENXEÑEIRA BELÉN RIVEIRO

 Belén Riveiro (Cotobade, Pontevedra, 1983) é profesora contratada doutora no Departamento de Enxeñería de Materiais, Mecánica Aplicada e Construción da Universidade de Vigo. Doutora pola Universidade de Vigo (2011), con Mención Europea e Premio Extraordinario de Doutorado,  incorporouse a este Departamento en 2012, después de ter ocupado unha plaza de Lecturer en la Newcastle University (UK) desde 2011. Realizou estancias de investigación postdoctoral en universidades de prestixio como Minho (2012 y 2014), Cambridge (2015) y Delft University of Technology (2016).
O seu proxecto aborda o feito de que a sociedade  enfróntase con cada vez con maior frecuencia a eventos extremos de origen natural ou derivados da acción humana, como ataques terroristas, que poñen de manifesto a vulnerabilidade das infraestruturas e edificios. Os pontes son especialmente vulnerables e o  seu fallo estrutural acostuma dar lugar a catástrofes con grandes daños materiais e perda de vidas humanas. Só desde o año 2000, máis de 60 pontes colapsaron en todo o mundo durante condicións de servicio, provocando máis de 540 mortes y 500 feridos ou desaparecidos. Este proxecto busca desenvolver un novo sistema de alerta temperá baseado na Intelixencia Artificial (aprendizaxe profundo o deep learning) para detectar de manera rápida, barata e precisa os fallos estruturais que poden poñer en risco a estabilidade dunha ponte.
PREME PARA VER MÁIS FOTOS

19/6/23

BRINCADEIRAS DA LINGUA

Dicimos deica o curso que ven aos "Martes contan con arte" con Brincadeiras da Lingua, un espectáculo de Migallas Teatro cheo de xogos, contos e cancións sobre os ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia.

Pasámolo en grande!



9/6/23

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o escritor homenaxeado polo Día das letras Galegas foi Francisco Fernández del Riego, e para commemoralo realizamos un liña cronolóxica do tempo sobre a súa vida e traxectoria literaria nun dos corredores do centro.

                                

               


                              

             

8/6/23

DÍA DE ROSALÍA E DÍA DA POESÍA

Para celebrar o Día de Rosalía, as diferentes aulas decoraron as súas portas con poemas de Rosalía de Castro. A verdade é que fixeron un traballo marabilloso e quedaron preciosas.

PREME PARA VER MÁIS

No Día da Poesía continuamos, como xa é tradición, co noso recital de poesía. O alumnado recitou poemas desta nosa querida autora. Menudos artistas!

Non vos perdades os vídeos de 1º e 2º PREME AQUÍ !!




29/5/23

ÚLTIMAS NOVIDADES

PDI: TEMPO DE XOGO

Este curso o noso proxecto de centro foi "Tempo de xogos". Cada curso estivo traballando os nosos xogos tradicionais e os doutras culturas que hai no cole. Para rematar elaboramos un libro onde recollemos algúns dos xogos investigados. 
Animádesvos a xogar?



Neste vídeo o alumnado de 1º B ensínannos o xogo do "Lambonciño"!


E todos e todas saímos á rúa para xogar coas nosas familias aos xogos sobre os que investigamos e, mesmo, fixemos o material: fichas, taboleiros...!
                               

12/5/23

POLO CORREO DO VENTO: FRANCISCO FDEZ. DEL RIEGO

 O venres , día 5, fomo até o novo edificio do museo para aprender máis sobre o homenaxeado este ano nas Letras Galegas: Francisco Fernández del Riego. 

Pasámolo moi ben e ademais de aprender moito sobre a súa biografía, ensináronnos a debuxar a súa caricatura!!




5/5/23

SALÓN DO LIBRO 2023

Este ano, a nosa aventura no Salón do libro comezou cunha xornada literaria, o Trocalibros,  que se celebrou o día 23 de abril, o Día do Libro. Foi unha xuntanza marabillosa na que puidemos darlle unha  segunda vida a eses libros que nos fixeron coñecer novos mundos e darlle a benvida a outros que nos permitirán continuar con esa viaxe.
      
Preme na imaxe para ver as fotos do Trocalibros


Os nenos e nenas de 2º, 4º e 6º, colaboraron co Salón do Libro coa "Casa dos meus xogos", un espazo que abre as portas a distintos xogos relacionados coa lingua. 
Os de 2º fixeron un libro de adiviñas para xogar coas palabras.
Os de 4º elaboraron un libro con diferentes retos de lóxica para darlle ao coco. 
Os de 6º propuxéronnos xogar cos contos, creando, a partir dun principio, diferentes nós e desenlaces susceptibles de ser cambiados para dar lugar a historias absurdas.
Grazas nenos e mestres pola vosa dedicación.


Preme na imaxe para ver o traballo do Salón do Libro


Este alumnado, despois do seu traballo e implicación, tivo o pracer de visitar as exposicións e participar nos distintos obradoiros que se ofrecían, así como de visitar ao noso gran amigo Orbil.


Preme na imaxe para ver as fotos da visita

Deica o ano que ven!

2/5/23

MAIO 2023

Este ano non podía ser menos, como sempre o camiño da perfección é coñecido por tod@s aquel@s que participamos na súa elaboración.

Hai que agradecerllelo a toda xente que se implicou, xa que non só viñeron alumn@s e pais-nais deste ano académico, senón de anos pasados. Ademais a pé de canón estiveron esas persoas que sen ter relación directa co centro -pois xa non teñen fill@s no mesmo dende hai moitos anos- non faltan ano tras ano, amosando un interese e unha emoción que agradecemos enormemente! Tamén ás profes xubiladas que viñeron botar unha man  a aprol desta tradición que se perdería de non ser por esa xenerosidade de tod@ os/as participantes.

A meta conseguiuse sobradamente, xa que se obtiveron os seguintes premios: 

  1. Primeiro premio en  Maio.
  2. Segundo premio en Coroa e Interpretación de coplas.
  3. Terceiro premio en composición de Coplas. 
Todo o recadado empregarase para pagar parte do custo das saídas de fin de curso  de todo o alumnado  do centro.

PREME PARA VER MÁIS FOTOS




Aquí tendes as creativas coplas!!

Coplas Ler 23 by Marcos Portela

13/4/23

TROCA DE LIBROS. FEIRA DO LIBRO USADO

 Gustaríache darlle unha segunda vida aos teus libros?

 O domingo 23 de abril, no Pazo da Cultura de Pontevedra, entre as 11:00 e as 14:00,  terá lugar unha nova edición do Trocalibros.

 Se tedes algún libro na casa en bo estado e que xa non ides volver a ler, é o momento de darlle unha segunda vida e que outro poida gozar del. 

 Podedes traer eses libros ao centro, agás enciclopedias e dicionarios, e nós a cambio darémosvos un vale que poderedes trocar o día da feira por un libro que desexedes. 

 Animádevos a participar nesta xornada literaria!

Fai click na imaxe para vela en detalle.



16/3/23

A CIDADE VIOLETA

Con motivo da celebración do Día da Muller realizamos un obradoiro de igualdade e creatividade, "A Cidade Violeta", dirixido por Anxo Fariña. Aprendimos moitos dos seus trucos para crear personaxes e pintamos unha cidade violeta cunhas pinturas especias que se iluminaban na escuridade cunha lanterna. Pasámolo en grande!



15/3/23

VISITA DE ANDREA MACEIRAS

Os nenos e nenas de 5º e 6º recibiron a visita de Andrea Maceiras, autora dos libros "Conta nove estrelas" e "A folla azul". Xuntos puideron intercambiar ideas sobre as súas lecturas e gozar do momento da firma de libros. Foi un encontro moi agradable.

14/3/23

VISITA DE MARÍA CANOSA

O alumnado de 4º recibiu a visita da escritora María Canosa despois de ler o seu libro "Cazadora de estrelas". Quedaron encantados tanto da lectura como do momento compartido con ela. 

     
Preme na foto para ver máis.

     

                                                         Para ver máis fotos preme na imaxe.


9/3/23

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Que boa maneira de celebrar esta conmemoración tan importante e, aínda, necesaria!

Tivemos o pracer e a sorte de contar coa visita dunha moza que está loitando por romper as barreiras desta sociedade cos seus puños, nunca mellor dito (recordade que este deporte ten unhas regras moi estrictas); pois, Yohana Jiménez é boxeadora e campioa a nivel autonómico e nacional!!

Contounos a súa experiencia como deportista e estudante, e falounos de valores moi importantes como o esforzo ou o respecto. Esperamos que siga obtendo éxitos na súa vida e abrindo camiños cos seus "puños" e as súas palabras.

Continuamos coa conmemoración deste día dun xeito inmellorable, xa que o venres 10 tivemos a visita de Carla Santoro, unha nena que cursa 1º de E.S.O. Carla loita, tamén, no seu día a día coa súa discapacidade visual e, ademais, participa en campionatos de atletismo a nivel nacional.  Déixanos claro que  para conseguir metas o importante é o esforzo e tesón, e que non hai ningún tipo de trabas que poidan frear as ansias por conseguir o que desexamos!!

Cando puidemos comprobar, cunhas gafas, como percibe o mundo, aínda a admiramos máis!! Sabemos  que chegarás moi lonxe, estaremos pendentes dos teus logros!!

Tamén, coma todos os anos fixemos un fermoso mural; no que  recordamos a moitas mulleres que foron  ben importantes! Atréveste a ser ti unha destas mulleres!?

Preme para ver máis fotos


Preme para ver máis fotos


20/2/23

ENTROIDO 2023

 E chegou o Entroido!!!! 

Canto "xogo" nos deu este novo entroido! Disfrazámonos de moitos xogos: parchís, dominó, quen é quen?, tres en raia, quebracabezas con mensaxe e xadrez!!

Contamos, como todos os anos, cun  acompañamento musical inmellorable!! Moitas grazas á Las Flores del Carnaval e Os Canecos que nos acompañaron durante todo o desfile!!, 

Fixémoslle ao Meco un bo xuízo e decidiuse unha sentenza sen contemplacións! Os fiscais leron as acusacións sen titubeos, como poderedes ver nos vídeos; temos que dar as grazas á nosa poetisa Isa pola súa axuda coas coplas. A continuación, leuse o seu testamento e, por último, procedeuse á súa queima!





Preme nas fotos para ver máis.


16/2/23

VISITA DE "EL HEMATOCRÍTICO"

Os nenos e nenas de 2º, despois de ler o libro "Feliz Feroz", puideron gozar hoxe da visita do seu autor, "El Hematocrítico", co que compartiron moitas risas.

Para ver máis fotos preme aquí.









6/2/23

CHARLA DO ALUMNADO DE 2º CO SOCIÓLOGO ERICK PESCADOR

Canto aprendimos nesta estupenda charla con Erick (especialista en temas de xénero, igualdade e prevención de violencias machistas). 

Deunos información sobre las identidades masculinas e as relacións desde a IgualdadeXa que a masculinidade tradicional ten varios problemas: non se axusta á realidade, conduce a identidades insás e frea o desenvolvemento da igualdade.
Destacou que a nosa convivencia basease no respecto e coidado que debemos ter cara nós mesmos/as e cara os demais. 
 Tamén falamos do importante que é que a temática dos nosos xogos non sexa a violencia, de ningún tipo, mesmo a dos superheroes non é válida, non está xustificada.

PREME NA FOTO PARA VER MÁIS





 

PAZ 2023

Agora coñecemos como desexamos que sexa o noso mundo, os nosos soños... Ao igual que Martín Luther King, verbalizamos e describimos o mundo de igualdade, respecto e harmonía co cal soñamos. 

Podedes ver a foto do mural que fixemos con eses soños.

Ademais, Rafa e Alicia, coa colaboración doutros mestres, prepararon dúas fermosas actuacións coas que puidemos reflexionar de maneira moi acertada: A Tartaruga que quería durmir (vídeo con dobraxe) e Unha Abella de máis (teatro de sombras)!

Fotos de A tartaruga que quería durmir





Aquí tendes o vídeo-conto de "A abella de máis".

5/2/23

OS MARTES CONTAN CON ARTE. A pomba de Pablo

Este pasado martes tivemos a sorte de poder gozar do contacontos ilustrado "A pomba de Pablo", da man de Polo Correo do Vento. Pasamos un momento marabilloso e cheo de risas. 

Animámosvos a seguir asistindo a estes encontros tan especiais. 




9/1/23

XA CHEGA O NADAL

 Empezamos a quentar motores para a celebración dun Nadal máis coa preciosa decoración das nais e pais  e o magnífico belén!! Este ano tampouco faltaron as fermosas felicitacións que se intercambiou o noso alumndo!  PREME AQUÍ

                                     

E non podemos establecer o marabilloso festival que organizou o profe Rafa!!

                                        PREME NA FOTO

                                                                                &n