14/12/15

BRINCALETRAS

Este ano modificamos a actividade do Brincaletras. Nesta ocasión é un xogo de rimas que os nenos e as nenas farán na clase.  Os premios tamén serán grupais, é dicir, por aula. 

Aquí tedes os dous BRINCA QUE BRINCA desta nova edición. 

Preme nas miniaturas para velos máis grandes.


OUTONO GASTRONÓMICO


Esta semana remata a actividade do OUTONO GASTRONÓMICO. 

Agradecemos a todas as familias que participaron e, como non, foi un pracer compartirmos esas receitas de outono tan saborosas!

Proximamente os vídeos das receitas neste blog.


RECURSOS PARA NADAL


8/11/15

RECURSOS PARA O MAGOSTO

Compartimos con vós unha presentación, unha cantiga e unha unidade didáctica para traballar o Magosto nas aulas. 






Tamén enlazamos unha recompilación de recursos realizada polo ENDL do CEIP de Quiroga. Preme na imaxe das castañas e accederás ao site.




EXPOSICIÓN DE CABAZAS SAMAÍN 2015

A exposición de cabazas deste ano centrouse na temática dos animais, tendo como referencia o título do Salón do Libro 2016: Canta bichería!

E á vista está o gran resultado de tanto traballo nas casas dos nosos alumnos e alumnas.

Están estupendas!


CONTACONTOS DE MEDO NO MARCOS DA PORTELA

Este Samaín pasámolo de medo coas historias que nos viñeron contar os pais, as nais, os avós e as avoas dos nosos nenos e nenas. 

Agredemos a todos e todas a participación nesta proposta, que axuda a fomentar o gusto polos contos e pola lectura.

Deica a próxima!

15/10/15

SYMBALOO: CORPO HUMANO

Aquí tedes un symbaloo que recompila diversos recursos para traballar o corpo humano nos distintos niveis de Primaria e en galego. 

Preme en cada recadro e terás aceso ao recurso que queiras.


E para profundizar no tema, un xogo de verdadeiro ou falso sobre curiosidades do corpo e dúas webs sobre léxico da man e léxico do corpo e xeral.

22/9/15

ACTIVIDADES LIM SOBRE O OUTONO

Preme nas imaxes para acceder aos xogos lim.




BENVIDO OUTONO


Ven onda nós o outono
dacabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas,
estreando friaxe.

Ana Mª Fernández. "Ondas de verde e azul". Xerais.


Dende o ENDL, damos a benvida a esta fermosa estación, compartindo con vós estes recursos pesquisados pola rede sobre poesías, receitas, froitos e refráns de outono.





26/6/15

PRESUMINDO DE GALEGO

A partir da proposta da Coordinadora Provincial dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística chamada "Presume de galego", que consiste en gravar aos nenos e nenas falando un minuto en galego sobre un tema libre; nós decidimos trasladala ao noso centro animando a todos os que quixeran contarnos algo en galego.

Algúns presumiron máis, outros menos, pero a iniciativa tivo moito éxito entre os rapaces e rapazas. 

Esperamos que sexa unha actividade que teña igual ou incluso máis acollida nos vindeiros cursos.

Porque falar en galego é unha excusa perfecta para presumir!

Agora só nos queda enviar os audios á web do proxecto.

Aquí podedes ver os vídeos dos nenos e nenas.


GAÑADORES DO BRINCALETRAS 3


25/6/15

GAÑADORAS DO II CERTAME LITERARIO

As gañadoras do II Certame Literiario foron:


- Inés Domínguez de 1º A por "O peixe     dourado", na categoría poesía.


- Carla Vázquez Castro de 4º C pola súa    redacción "O mar do meu avó".

- Alejandra Acevedo Maquieira de 4º A      pola súa poesía "O mar".

- Gloria Solla Leins de 5º C con "O            naufraxio" na categoría narrativa.

- Laura Ovelleiro Barreiro de 5º B coa       súa poesía Haiku "O meu mar".


Noraboa a todas as premiadas!!!






XORNADA ATLÁNTICA

Este vídeo realizado polo compañeiro Nito do CEIP Campolongo resume a xornada de convivencia realizada na praia cos alumnos e alumnas dos diferentes centros UNESCO de Pontevedra.




23/6/15

OLLOS DE AULA Nº 22


PROXECTOS SOBRE A LUZ

Estes murais que decoran os nosos corredores recollen unha grande parte do que investigamos ao longo do curso sobre a luz.

Cantas cousas aprendemos!

OPS!

OPS! foi un Obradoiro promovido polo Concello de Pontevedra, no que os nenos de 5º e 6º se achegaron ás similitudes entre o galego e o portugués. 

Foi unha actividade na que descubriron que sabían máis do que pensaban, poque o galego e o portugués son linguas irmás! 

TRABALLOS DE MARUJA MALLO

Como xa sabedes, este curso participamos no proxecto "Imaxina o Atlántico", por iso nos inspiramos nas obras de Maruja Mallo relacionadas co mar.

Aquí tedes unha pequena mostra sobre o que fixemos.

Unhas obras preciosas que decoran os nosos corredores!

22/6/15

PONTENCIENCIA 2015

Como xa sabedes, este curso participamos en Pontenciencia, a feira da miniciencia.



O noso cole presentou un experimento que consistía na determinación caseira do PH segundo a cor, acadando o 3º premio na categoría Centros.

Tamén participaron varias familias do cole: a familia Juárez Altirriba, cun separador de moléculas e aeroxererador; a familia López Leiro co ciclo da auga, que acadou un Accésit, e a familia Casado Pazos con experiencias sobre o efecto invernadoiro, galardoados co 3º premio na categoría Ciencia en Familia.

Noraboa a todos e todas polo traballo tan ben feito!



Todas as fotos: no facebook de Pontenciencia.


CORRELINGUA

Como todos os anos, 3º e 5º participaron no Correlingua: a festa da lingua. Nesta ocasión o lema era "Galego, a nosa creación común".


Os nosos rapaces e rapazas pasárono xenial na Praza da Ferraría. Levaron unhas palabras sobre o tema do proxecto no que se traballou ao longo do curso: a luz.




FOTOS EN PONTEVEDRA VIVA



18/6/15

E SE MAÑÁ VEMOS UNHA PELÍCULA?

Hai mellor maneira de rematar o curso que vendo unha película?

Pois si!  Rematar o curso vendo unha película en galego!!!

Nesta web tedes onde escoller ;)



7/6/15

A NOSA CURTA NA WEB DA CRTVG

Xa temos a nosa curta na web do Xabarín Club!!!

Na resolución do concurso non fomos gañadores, pero para nós foi unha experiencia moi satisfactoria, e para os nosos nenos e nenas do 1º ciclo xa somos gañadores.

Foi moi traballoso pero entre todos e todas fixemos un filme estupendo!

Podedes entrar na web e votar o noso vídeo nas estreliñas que aparecen embaixo.





5/6/15

MAKING OFF DE "A VIAXE DAS BOLBORETAS"

O alumnado de 1º ciclo participou na gravación da curta sobre o libro titulado "A Viaxe das Bolboretas".
Participaremos  no concurso "Nos tamén creamos" e... a ver que pasa porque quedou ben chula!! 
Aquí tendes o "making of" no que vedes como colaboraron os alumnos e alumnas na realización das diferentes etapas do proceso: debuxos do "story board", creación dos personaxes e diferentes elementos da escenografía, gravación de voces...
Na presentación hai un pequeno erro, é "story board" non "history"*.


24/5/15

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2015

E así foi o Festival das Letras Galegas no noso cole. Tivemos de todo!

1. Peza teatral de 4º C: As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.
2. Canción A vaca Marela e A pita Podeira, cos nenos e as nenas de 1º.
3. Danza celta Chapeloise, con 2º A.
4. Proxección da curta A viaxe das bolboretas, realizada por 1º e 2º.
5. A saia da Carolina, por 2º B.
6. Telexornal Filgueira Valverde, presentado por nenos de 5ºA.
7. A música e a cor, por 6º B.
8. A Marcha Turca en percusión, por 4º A.
9. Actuación dos rapaces e rapazas do Xoan XXIII.


18/5/15

IMAXINA O ATLÁNTICO

"Imaxina o Atlántico" é unha iniciativa da Rede de Escolas Galegas Asociadas á Unesco (REGAU), e que tiña por obxecto poñer en valor un dos elementos fundamentais do noso patrimonio natural: o mar. Así como desenvolver valores de respecto e coidado cara a nosa contorna.

E a verdade que despois de ver como ficou o corredor do noso colexio, cunha morea de traballos fantásticos sobre aquilo que os nosos nenos e nenas viviron nestes fermosos lugares; non podemos deixar de pensar naquilo que sentirían os nosos emigrantes devanceiros e non tan devanceiros, desgraciadamente, cando tiñan que deixar atrás Galicia...

Por iso debemos estar ben orgullosos do que somos e do que temos... :)

Moitas grazas a todas as familias que fixeron posible este traballo.

PRESUME DE GALEGO

O 17 de maio presume e comparte from ProductoraAudiovisual CanalArtes on Vimeo.

OLLOS DE AULA Nº 21



MAIOS 2015

Como xa sabedes, nesta edición dos Maios 2015 recibimos varios premios:

- 3º premio ao Maio
- 3º premio en Cantigas
- 1º premio en Interpretación
- 3º premio pola Coroa

Temos que dar as grazas polo labor de toda a Comunidade Educativa, polo esforzo e dedicación que poñedes ano tras ano nesta tradición tan bonita que non debemos perder.

Grazas!!!


A continuación podedes ver todas as fotografías da elaboración do Maio, así como os vídeos da representación no colexio e tamén na Praza da Ferraría. No caso deste último, desculpade polo erro na gravación.







Os Maios na prensa:







15/5/15

TRASLISONDA INVESTIGADORA


Aquí está a Traslisonda investigadora presentada no Salón do Libro deste ano, co tema "Da ciencia á ficción".

Xa a temos ben gardadiña na Biblioteca do cole, polo que se queredes, podedes vir visitala e aprender moito con ela.


Máis abaixo podedes ver os diferentes traballos que elaboraron os nenos e as nenas de 2º, 4º, 5º e 6º. Que tratan diversos temas: as cores, os faros, a luz e os inventos.


Ollo! Premede nas imaxes para velas en grande ou para entrar nas ligazóns dos traballos. 












11/5/15

XOGO ONLINE LETRAS GALEGAS 2015




OBRADOIRO LINGUA FORZA 3

Xa podedes ver as fotos do Obradoiro Lingua Forza 3 no que participamos todos os niveis. Consistiu nunha xincana de xogos moi divertidos, na que aprendemos moitas verbas na nosa lingua, da man de tres doutoras fantásticas que viñeron para rematar con este virus que asolaga a nosa terra.

E ti, padeces este virus ou fas un uso correcto da lingua?

27/4/15

EMISIÓN DÁLLE Á LINGUA

A partir de hoxe e durante dúas semanas, emitiranse  as gravacións no programa de Dálle á lingua, de Onda Cero.

Os rapaces e rapazas de 1º e 2º falarán sobre o Proxecto que realizaron sobre a luz. Os nenos e nenas de 3º explicarán o traballo que fixeron sobre os faros, e os de 5º e 6º presentarán o proxecto que están a desenvolver sobre as pontes.

Estade ben atentos!!

Será en horario de 11:50 a 12:00 h. 

Iso si, non vos preocupedes se non a podedes escoitar en directo, neste blog compartiremos as ligazóns cos podcast do programa.


Aquí tendes as fotografías da gravación.

19/4/15

A LETRA MIÚDA




NOVIDADES NA LETRA MIÚDA!

Artigos:

Non normalizar unha lingua para a salvar? Miguel Moreira Barbeito.
Non hai inocentes. Xabier P. DoCampo.

Novela:
En vías de extinción de María Reimóndez.

LETRAS GALEGAS 2015 RECURSOS




OLLOS DE AULA Nº 20

AS IMAXES DE CASTELAO



Esta semana, os alumnos e alumnas de 5º e 6º estiveron a investigar sobre a vida de Castelao, a través da exposición "As imaxes de Castelao" que temos exposta no centro dende o pasado mes de marzo, cedida polo Concello de Pontevedra.

Preme na imaxe para acceder a cada panel.

MURAL FOTOGRÁFICO 365 DÍAS

Achégate ao vestíbulo e pesquisa a túa foto no mural de fotos "365 días co galego"!!!