mércores, xaneiro 22, 2014
CANTARELA DOS NENOS
Parece que esta canción, que fala de amor e amizade, gústalles moito aos nenos e nenas de 2º. A ver se pronto a podemos oír nas súas voces!!
luns, xaneiro 20, 2014
WEBQUEST SOBRE O DÍA DAPAZ
martes, xaneiro 14, 2014
DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
O día 30 de xaneiro celebraremos o Día da Paz, aínda que xa sabedes que é algo no que debemos pensar e reflexionar todos os días!!
Só tres letras, tres letras nada máis.
RECURSOS
"Sadako e as mil grúas de papel" é un fermoso libro que conta a historia dunha nena que sofre unha terrible enfermidade debido as consecuencias da bomba atómica que se empregou na II Guerra Mundial. Aquí tendes un vídeo baseado no libro do mesmo título.
Só tres letras, tres letras nada máis.
Só tres letras que para sempre aprenderás.
Só tres letras para escribir PAZ: o P, o A e o Z.
Só tres letras, tres letras de nada
para cantar paz, para facer paz.
O P de pobo, o A de amar
e o Z de zafiro ou de zagal.
De zafiro, por un mundo azul
e de zagal, por un neno coma ti.
Gloria Fuertes.
RECURSOS
Seguro que xa coñecedes este cadro titulado "O Guernica" do famoso pintor español chamado Pablo Picasso. Nel represéntanse os horrores da guerra, da violencia... da ausencia de PAZ !!
SE QUERES SABER MÁIS SOBRE EL, PREME NA IMAXE.
O GUERNICA (información sobre o cadro) |
![]() |
DEBUXO DO CADRO |
Vídeo do Guernica en 3D
luns, xaneiro 13, 2014
EXPOSICIÓN DE ROSALÍA DE CASTRO NO NOSO CENTRO
Xa temos connosco a nosa benquerida Rosalía!! Podemos contar con esta exposición, grazas ao Concello de Pontevedra e a Fundación Manuel María.
Aínda que é o 24 de febreiro cando se conmemora a esta grande escritora, comezaremos xa co estudo da súa vida e obra.
Tamén podedes aprender moitas cousas na rede, a través das ligazóns que aparecen a continuación.
![]() |
WEB DE ROSALÍA DE CASTRO (BIOGRAFÍA, OBRAS, IMAXES, CASA- MUSEO...) |
![]() |
iNFORMACIÓN SOBRE CANTARES GALLEGOS |
![]() |
BIOGRAFÍA E OBRAS (BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA) PREME AQUÍ |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
VISITA DE ROSA ANEIROS
Hoxe os nenos e nenas de 5º recibiron a visita de Rosa Aneiros, a escritora do libro "Faísca, a nena neandertal". Nel conta a hist...
-
O Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, abrimos as portas da nova biblioteca. Un espazo que aínda non está completamente rematado e no que ...
-
Por fin chegou a noite máis aterradora do ano ao Marcos da Portela. En Galicia celébrase o Samaín, é unha celebración onde marca a finalizac...
-
Marabilloso festival de Nadal 2023!! Ano a ano, o profe Rafa fai que o noso alumnado se convirta en verdadeiros/as artistas!! Parabéns!! ...