Que ben o pasamos este Magosto!! Xogamos, divertímonos e comemos unha chea de ricas e quentiñas castañas!! Grazas a todos/ todas por este día, sobre todo aos pais/nais que colaboraron con nós!! Mirade que fotos más chulas!!
venres, novembro 30, 2018
luns, novembro 12, 2018
QUERO BAILAR, QUERO BRINCAR

A continuación tendes as fotos do pasado 31 de outubro, cando veu a Presidenta da Asociación de Xordos de Pontevedra para facer entrega do diploma acreditativo!


E, como non, quen mellor para felicitar a Rosa que a nosa poeta particular, Isa:
"Mans que cantan con voz propia,
mans que signan para todos;
mans que acollen as palabras
e as achegan ao seu porto:
A COMUNICACIÓN."
Xa que non foi posible ir recoller o devandito premio á Coruña, fíxose un fermoso vídeo de agradecemento:
Recordemos tamén o alegre vídeo co que se participou na edición anterior do 2017!
mércores, novembro 07, 2018
DIA DAS BIBLIOTECAS
O pasado 24 de outubro foi o Día da Biblioteca e celebrámolo por todo o alto no noso centro!! Tivemos a sorte de contar cunhas marabillosas contadoras de contos: profes xubiladas e nais, que engaiolaron a nenos/as e profes!!, só hai que ver as fotos para comprobalo. Ademais das lecturas tamén se fixeron xogos de "busca do tesouro", que consistía en atopar un libro (que maior tesouro!!) na biblioteca seguindo unhas pistas dadas.
Aquí tendes as fermosas e emocionantes fotos!!
luns, novembro 05, 2018
SAMAÍN 2018
IMPRESIONANTE!!! Canto traballo...horas. días..., pero mereceu a pena, e para que o poidades ver todos aqueles/as que non pasastes polo cole, aquí tendes as fotos da decoración da entrada.
E, como non, un ano máis imperou a creatividade e o inxeño na decoración das cabazas, este ano o tema era a contaminación dos nosos océanos, sobre todo, no que se refire aos residuos plásticos. Parabéns a todos e todas!!
E, como non, un ano máis imperou a creatividade e o inxeño na decoración das cabazas, este ano o tema era a contaminación dos nosos océanos, sobre todo, no que se refire aos residuos plásticos. Parabéns a todos e todas!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
VISITA DE ROSA ANEIROS
Hoxe os nenos e nenas de 5º recibiron a visita de Rosa Aneiros, a escritora do libro "Faísca, a nena neandertal". Nel conta a hist...
-
O Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, abrimos as portas da nova biblioteca. Un espazo que aínda non está completamente rematado e no que ...
-
Por fin chegou a noite máis aterradora do ano ao Marcos da Portela. En Galicia celébrase o Samaín, é unha celebración onde marca a finalizac...
-
Marabilloso festival de Nadal 2023!! Ano a ano, o profe Rafa fai que o noso alumnado se convirta en verdadeiros/as artistas!! Parabéns!! ...