luns, novembro 27, 2023

ABRIMOS A BIBLIO!

O Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, abrimos as portas da nova biblioteca. 

Un espazo que aínda non está completamente rematado e no que agardan moitas sorpresas. Entre todos decidimos decorala cuns móbiles colgados do teito, que están moi relacionados con PDI deste ano, "Meigas dentro". 







Deixámosvos un vídeo para que o vexades!

NOVIDADES NOVEMBRO



sábado, novembro 25, 2023

25 N

Para celebrar o 25 N realizamos un conxuro para cambater a violencia e xénero. Cada curso fixo a súa pócema e así mesturamos todas para diminuír a súa existencia.

Nin unha máis!




luns, novembro 06, 2023

MAGOSTO 2023

O Magosto é unha das festas máis tradicionais en Galicia. Nela asamos castañas, chourizos, facemos queimada, bailamos...Como di o refrán, "Por San Martiño faise o magosto, con castañas asadas e viño ou mosto".

Ademais non podemos olvidar que a castaña era fundamental para a supervivencia nunha época na que as patacas aínda non chegaran de América e o gran para facer pan escaseaba.

No cole quixémolo celebrar traendo o castañeiro para comer unhas castañas ben quentiñas. Que ben sabían!!



















REVISTA CHORIMAS 2025

XORNAL CHORIMAS by Marcos Portela Como sempre, unha revista magnífica onde se reflicten algunas das moitas actividades realizadas ao ...