![]() |
Preme para ver máis fotos |
Damos comezo de novo aos "Venres de conto"!
Se estás interesado en lerlle un conto aos teus compañeiros/as ou queres compartir unha historia escrita por ti, non dubides en anotarte.
Esperámoste os venres na biblio!
Ademais da actividade de papiroflexia, que se pode ver na entrada anterior, para celebrar esta conmemoración fíxose un programa de radio e un emocionante baile colectivo, no que participaron alumnado e familias. Como sempre un día especial! Mais como puntualizaron os alumnos de 6º, no seu manifesto, a paz non debe ser unha celebración dun día, senón de todos os días da nosa vida.
![]() |
Este é o fermoso retrato de Anna Frank, que realizou o profesor Eduardo. Parabéns!! |
![]() |
Fermoso mural onde aparecen os desexos de PAZ, de todo o alumnado, no diario de ANNA FRANK. |
Hoxe, na hora do recreo realizamos na biblioteca un obradoiro de papiroflexia pola paz. Os nenos e nenas de 5º e 6º foron os encargados de ensinarnos a facer pombas, grúas e nenúfares con papel.
Escollimos estes tres elementos pola súa relación coa PAZ.
A pomba é un símbolo de representación de paz e amor en moitas relixións e lugares.
As grúas tamén se converteron en símbolo de paz, ademais de curación e esperanza. Isto ten a súa orixe na historia de Sadako Sasaki, unha nena xaponesa que se propuxo facer mil grúas de papel para que se concedera o desexo de curarse da enfermidade que contraera a raíz da explosión nuclear de Hiroshima en 1945.
Os nenúfares representan a resiliencia e a capacidade de superar os desafíos. Estes florecen en augas pantanosas, sendo quen de renovarse e medrar en condicións adversas.
Grazas a todos por participar!
Hoxe tivemos o pracer de contar con tres grandes visitas, Jorge Coira e as irmás Alicia e Lola Dapena. Alicia e Lola Dapena son dúas técnica...