sábado, marzo 29, 2025

VISITA DE RAMÓN D. VEIGA

Os nenos e nenas de 1º puideron gozar da visita de Ramón D. Veiga, o escritor de "Chove", o libro que leron e que tanto lles gustou.

Outra historia dos cómics de Miñoca, quen adora a choiva, pero ningún dos seus amigos está disposto a mollarse para xogar con ela. Pero, se cadra hai alguén a quen no lle importaría. Quen será? Animámoste a descubrilo lendo este entretido libro.

Grazas pola túa visita, Ramón. Pasámolo en grande! 





venres, marzo 21, 2025

VISITA DE ROSA ANEIROS

Hoxe os nenos e nenas de 5º recibiron a visita de Rosa Aneiros, a escritora do libro "Faísca, a nena neandertal". Nel conta a historia duns nenos que van de campamento e na visita a un xacemento arqueolóxico se atopan cunha nena neandertal coa que terán que facer boas migas se queren sobrevivir nun mundo tan hostil como fermoso.

Grazas pola túa visita, Rosa! Encantounos!







VENRES DE CONTO

Outro venres máis gozamos dun contacontos na hora do recreo. Esta vez foron Eva e Valentina as encargadas e escolleron o libro "Os mil brancos dos esquimós".

Grazas pola vosa participación e por compartir este momento con todos nós!




mércores, marzo 19, 2025

TROCA DE LIBROS. FEIRA DO LIBRO USADO 2025

Un ano máis, volve o Trocalibros!

Se queredes darlle unha segunda vida a eses libros que xa non usades e queredes que outros os disfruten, esta é a vosa oportunidade. 

No cole colleremos todos aqueles que traiades, sempre en bo estado, e darémosvos uns vales para poder cambialos o día da feira por outros libros que desexedes. 

Esperámosvos nesta xornada literaria o día 30 de marzo no Pazo da Cultura de Pontevedra, en horario de 11.00 a 14.00 h.

Animádevos a participar!

VISITA DE LEDICIA COSTAS

Este luns, 17 de maio, o alumnado de 3º tivo o pracer de contar coa vista de Ledicia Costas despois de ler o seu libro "Curriño. O can influencer".  
Unha historia divertida e diferente na que Curriño é o can máis lindo e famoso. Vive a corpo de rei e coas mellores atencións, pero por desgraza está a piques de descubrir que a vida forá de todo o seu luxo é máis dura do que el cheiraba.

Grazas, Ledicia, por compartir este momento connosco e por esta historia que tanto nos gustou. Estes nenos e nenas xa leron a segunda parte e están desexando que chegue a terceira.





Ademáis sorprenderon á escritora cun fantástico mural! Deixamos aquí un vídeo da súa elaboración.





domingo, marzo 09, 2025

VISITA DE MARTA VILLAR

A escritora Marta Villar estivo co alumnado de 4º para compartir o seu libro "Os peidos máxicos de Sultán". Un libro moi divertido onde conta a historia dun neno que se atopa cun can que parece ser que ten poderes máxicos, pero uns poderes un tanto peculiares, algo fedorentos e de consecuencias pouco desexables.

Grazas por vir, Marta, e por facernos pasar un momento tan agradable.







VISITAS DE CINE

Hoxe tivemos o pracer de contar con tres grandes visitas, Jorge Coira e as irmás Alicia e Lola Dapena. Alicia e Lola Dapena son dúas técnica...