xoves, maio 29, 2025

CORRELINGUA


QUE BEN O PASAMOS HOXE NA FESTA DA LINGUA! LEVAMOS OS NOSOS DORSAIS CON FERMOSAS E SONORAS PALABRAS GALEGAS!

PREME NA FOTO PARA VER MÁIS

Un manifiesto pola lingua viva

Durante o evento leuse un manifiesto elaborado por alumnos de varios institutos, que destacou a importancia dunha mocidade activa por unha lingua viva. No texto suliñouse que o galego é  “un tesoro legado por aqueles que defenderon a lingua en rúas, medios e escolas”.




 

luns, maio 26, 2025

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o Día das Letras Galegas foi dedicado ás cantareiras e a poesía popular oral, en especial a seis mulleres galegas, creadoras e trasmisoras de arte e beleza: Adolfina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira e as Pandereteiras de Mens (Prudencia Garrido Ameijende, Asunción Garrido Ameijende e Manuela Lema Villar).

Ao longo da semana puidemos gozar de distintas actividades e actuacións.

A cargo do mago Samuel Moreno aprendemos moitos datos deste día mediante un espectáculo de maxia.

O grupo de pandereteiras "Cantarela" sorprendeunos cun marabilloso concerto de cantigas galegas. Un grupo moi especial, xa que os seus integrantes forman parte da nosa comunidade educativa (unha alumna do centro, antigas alumnas e mestras, así como familiares de exalumnos). Tamén se animaron a subir ao escenario outras nenas pandereteiras que temos no cole. 


Durante os recreos o alumnado puido participar en dous obradoiros: "A Lupa máxica" e "Pintamos pandeiretas". No primeiro deles adiviñaron distintas palabras relacionadas co mundo das cantareiras axudándose cunha lupa. Unha actividade moi entretida do Seminario Galán. Na segunda deron renda solta a súa creatividade pintando pandeiretas para decorar a biblioteca.




mércores, maio 14, 2025

DÍA DO LIBRO

Que mellor forma de celebrar o Día do Libro que compartindo un libro cos nosos compañeiros e compañeiras?

Este ano saímos ao patio para facer lecturas compartidas e gozar xuntos da maxia da lectura. 

luns, maio 12, 2025

CONEXIÓNS PARELLAS

Coñeces a todos os personaxes das túas películas favoritas?

Se te queres poñer a proba, pásate pola biblioteca e procura acender as lámpadas destes traballos realizados polo alumnado de 4º.

Ben feito rapazada!





martes, maio 06, 2025

NOVIDADES MAIO

MAIO 2025

 Un ano máis de celebración dunha festa entrañable onde participa a comunidade educativo deste centro e os "amigos/as"  de sempre do noso Maio!! Parabéns a todos e todas!

O resultado foi , como sempre, dunha calidade inmellorable; sen embargo, o premio outorgado non correspondía  coa excelencia acadada, unha mágoa! Mais hai que estar orgullosos e satisfeitos polo traballo ben feito. 

Nas coplas conseguiuse un primeiro  premio, ben merecido polo saber facer dos /das participantes na súa creación e, sobre todo,  da nosa ex compañeira Isa! Parabéns!!



Coplas 2025 Cep Marcos Da Portela by Marcos Portela

Preme no cadrado para ampliar a imaxe e poder ler mellor.

luns, maio 05, 2025

VISITA DE IRENE ALONSO

O alumnado de 2º recibiu a visita de Irene Alonso despois de ler o seu libro "Refugallo o espantallo".  Un libro cheo de valores que nos deixa ver a importancia da reciclaxe, do coidado do medio, do respecto entre iguais... Todo a través da historia de Comba, unha nena á que lle encanta recoller materiais de refugallo para darlle unha nova vida e que desexa recompoñer o espantallo do seu pai.

Foi un encontro estupendo onde compartimos moito con Irene, fixemos pequenos xogos, creamos unha buxaina e firmounos os nosos libros.

Un pracer, Irene! Grazas pos este ratiño.




Por certo! Aquí vos deixamos a Marquiños, o noso espantallo.



REVISTA CHORIMAS 2025

XORNAL CHORIMAS by Marcos Portela Como sempre, unha revista magnífica onde se reflicten algunas das moitas actividades realizadas ao ...