venres, xuño 13, 2025

OBRADOIRO CIENTÍFICO. OS MARTES CONTAN CON ARTE

Para rematar o curso, gozamos dunha tarde de experimentos da man de Arenaria. Con estas científicas puidemos explorar a ciencia dende preto e emocionarnos coas experiencias que nos foron preparando. Puxemos en práctica o método científico e as nosas cabezas non pararon de pensar e formular hipóteses. Foi interesantísimo á  vez que impresionante!

domingo, xuño 08, 2025

MAIKA AGUADO E RAFA PRIETO. VISITAS DE CINE

Esta semana tivemos o pracer de contar con outra visita de cine. Neste caso visitounos Maika Aguado, pero non veu soa, se non que a acompanhou Rafa Prieto

Maira é actriz e graduada en Xornalismo. Comezou a súa andaina na compañía Vacaloura de Vigo. Conta cunha gran experiencia nos medios de comunicación e participou como actriz en distintas series de ficción como Mareas Vivas, Rías Baixas, Galicia Exprés... Paralelamente desenvolve o seu labor como actriz de dobraxe en galego e castelán.

Rafa Prieto leva máis de 35 anos trabalhando como técnico no sector audiovisual: música, dobraxe, postprodución e mestura de son para cine, radio, televisión...

Grazas pola vosa visita e por deixarmos vivir en primeira persona como é esta profesión tan divertida do mundo da dobraxe. 







xoves, xuño 05, 2025

XOGOS NA BIBLIO

Hoxe o alumnado de 5º puido gozar dunha sesión guiada de xogos de mesa onde o pasaron en grande e aprenderon moitísimo. Coñeceron xogos novos e axiña se encargarán de darllos a coñecer ao resto dos seus compañeiros. 






martes, xuño 03, 2025

MONTANDO A PELÍCULA

No PDI deste curso do CEP Marcos da Portela traballamos o cine. Ao longo do ano aprendimos moitas cousas sobre esta arte e ata tivemos encontros con grandes profesionais do celuloide, como por exemplo, Jorge Coira, Julia Castro e Alicia e Lola Dapena. Tamén nos propuxemos facer unha produción cinematográfica na que plasmar todos os coñecementos adquiridos. O resultado foi algo parecido a unha película á que lle puxemos por título "O roubo do Traslí dourado". 

Se queres ver todas as entradas relacionadas co noso PDI, preme AQUÍ.


PREME NA FOTO PARA VER O VÍDEO




RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2025