venres, decembro 19, 2025

NADAL 2025

 Aquí tendes o vídeo do fermoso e emocionante festival onde resoou a música das panxoliñas   un ano máis... onde despedimos á profe Chus con moito sentimento, onde os bos desexos viaxaron  entre o alumnado nas felicitacións que fixeron con agarimo e gran gusto estético. 

Ademais, podemos ver a homenaxe da nosa "gañadora" do deporte a nivel nacional, Ainhoa, acto no que contamos coa presenza do noso alcalde.  Parabéns!

Nas fotos aprezaredes a magnífica e incrible decoración da nosa ANPA e a  beleza en miniatura do belén de María Jesús. Moitas grazas polo voso marabilloso traballo.








luns, decembro 01, 2025

25 N DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULER

 O pasado luns, 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha data para lembrar a todas as vítimas e para reivindicar unha sociedade libre de agresións, desigualdades e discriminacións.

Participamos nunha actividade, xunto ao alumnado de infantil de Fina Casalderrey e o do IES Luís Seoane, que consistía en decorar unhas caixas (unha por nivel) con palabras ou mensaxes positivos cara a erradicación da violencia machista e o empoderameto da muller,  nunha das súas caras; noutra, unha palabra ou frase da realidade que aínda persiste hoxe en día. Con elas creamos a nosa pirámide e, posteriormente, formaron parte da pirámide conxunta co resto de alumnado no IES Luís Seoane. Como acto simbólico a  construción que reflectía aspectos negativos foi destruída.

 Finalmente, percorrimos todos xuntos as rúas ao son dos nosos percusionistas, e así concluímos esta conmemoración.

No noso centro tamén fixemos un mural con quebracabezas que completamos entre todas as clases. 

Preme aquí para ver más fotos.





GAÑAMOS!!

Gran nova para o cine galego! A nosa película “O  ROUBO DO TRASLÍ DOURADO”, realizada o pasado curso, vén de recibir un prestixioso 1º  premio no OUFF (Ourense Film Festiva).  Un recoñecemento que celebra a creatividade e a maxia coa que foi realizada polo noso alumnado e profesorado, baixo a talentosa dirección de Rafa! 

Se queres volver ver a película,  preme aquí.

 O alumnado de 6º nivel subiu ao escenario e soubo dar as grazas de maneira espectacular.




A noticia tivo repercusión mediática en varios xornais galegos, como podedes comprobar a continuación. 

Publicación en LA REGIÓN (OURENSE)

NADAL 2025

 Aquí tendes o vídeo do fermoso e emocionante festival onde resoou a música das panxoliñas   un ano máis... onde despedimos á profe Chus con...