martes, marzo 18, 2014

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE

Este venres temos unha dobre celebración: o Día da Poesía e da Árbore. Xa temos preparado o  vídeo do poema "Penélope", escrito polo autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
Seguro que ides  recitar moitos dos poemas de Rosalía, por certo, que traballos máis fermosos están a facer, os nenos e nenas do cole, sobre estes poemas!! Empezamos, agora, cun vídeo do noso benquerido Manuel María e os recursos para traballar a poesía!



A nosa presentación do fermoso poema de Xosé María Díaz Castro titulado "Penélope", o primeiro con audio de alumnos e alumnas de 6º A, B e C. Despois aparece sen audio, só con música. Ollo!, non está en galego normativo.



RECURSOS
 

xoves, marzo 06, 2014

DÍA DA MULLER TRABALLADORA



  • O 8 de marzo celébrase o Día da Muller Traballadora. En todo o mundo, hai e houbo unha morea de mulleres que foron moi importantes para a cultura, política, ciencia... dos seus respectivos países. E, como non, en Galicia tamén temos moitísimas mulleres loitadoras, emprendedoras... Queres coñecelas? Se premes na imaxe poderás comezar a  PROCURA DO TESOURO DAS MULLERES GALEGAS ILUSTRES.



 CAZA DO TESOURO

  • Pronto empezaremos cunha fermosa actividade de arte pictórica, na que veremos o traballo que desenvolveu a muller, na nosa sociedade,  a través de interesantes cadros, moitos deles pintados por mulleres. Pintaremos e analizaremos estes cadros facendo tamén arte coa nosa lingua. Xa veredes que interesesante!! As profes xa están buscando os cadros cos que imos traballar, comezaremos nun intre!!
Se queres empezar a ler algo sobre este tema preme na imaxe.

 mulleres na arte

  • RECURSOS
  1. MULLERES NAS LETRAS Ligazón moi interesante sobre as mulleres máis importantes da nosa literatura. Cultura Galega.org
  2. MULLERES E CIENCIA EN GALICIA  Cultura Galega.org
  3. MULLERES E MAR   Cultura Galega.or
  4. MULLERES GALEGAS (Galicia espallada)
  5. Se queres ler sobre outras mulleres científicas, como Hipatía de Alexandría ( que naceu no ano 370) ou Marie Curie, preme nas súas fotos.

 Curie Hipatia


  •  E TI, QUE QUERES SER? COÑECES ESTE CONTO?
Por que todas as nenas queren ser princesas rosas?


Carlota era unha princesa rosa, pero estaba farta de ser princesa e estaba farta do rosa.
Ela quería percorrer mundo e correr aventuras, quería cazar dragóns, buscar tesouros e adestrar bolboretas. Pero a súa nai era unha princesa rosa, e opinaba que as princesas tiñan que ser rosas e delicadas como as rosas; o seu pai, que era un príncipe azul, tamén opinaba que as princesas tiñan que ser rosas e delicadas como as rosas.
Carlota argumentaba que ela non era unha rosa, que era unha nena moi triste coa súa vida rosa. Ao ver á súa filla deste modo, a nai e o pai decidiron preguntarlles as fadas se Carlota tiña que ser como as rosas ou como as nenas.
A fada madriña máis vella e máis sabia dixo que as nenas non eran flores, senón que podían ser o que quixeran ser.
Carlota abandonou os seus vestidos rosas e púxose a cantar, bailar e viaxar.
Mentres o facía, preguntábase: "Por que todas as nenas queren ser princesas rosas?"


AGORA XA PODEDES ESCRIBIR VERSIÓNS DIFERENTES DOS CONTOS DE SEMPRE, NELES NON TEN QUE HABER UN PRÍNCIPE QUE SALVE Á PRINCESA!! SEGURO QUE A PRINCESE SABE COMO FACELO!!

  •  Aquí tendes un vídeo sobre o conto titulado "O Libro dos Porcos" , seguro que na vosa familia colaborades todos/as, verdade? 


  




  • Outros libros que non hai que deixar de ler:


 Arturo e Clementina son dúas fermosas tartarugas namoradas que viven á beira dun estanque. Mentres Arturo pasa o día pescando, Clementina abúrrese tremendamente. Para que se distraia, Arturo tráelle moitas cousas: un tocadiscos, un cadro, unha enciclopedia..., pero a Clementina o que de verdade lle interesa é ver mundo.







  No libro titulado "O País dos Mandóns" uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas, xoguen, saian ou traballen fóra das súas casas. iNCRIBLE, NON?








  • E PARA REMATAR UN XOGO!! A OCA DA IGUALDADE

 XOGO DA OCA

xoves, febreiro 13, 2014

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O vindeiro 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. Cantos fermosos poemas poderemos ler desta gran escritora! Aí vai a nosa pequena homenaxe! Unha presentación  sobre a súa vida e obra, para coñecela un pouquiño máis!
A entrada cos outros recursos é anterior (13/01/2014). Podes buscala ou premer na etiqueta Rosalía de Castro  que está ao final desta entrada, así terás as dúas xuntas.



MANUSCRITO INÉDITO DE ROSALÍA


ADIÓS, RÍOS; ADIÓS, FONTES... ESCOLMA DE POEMAS, ATOPADOS NA REDE,  REALIZADA POR ESTE EQUIPO
OBRAS DE ROSALÍA (TEXTOS) DA BIBLIOTECA VITUAL GALEGA
AUDIOS DE POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO
MÁIS LIGAZÓNS NA OUTRA ENTRADA. PREME NA ETIQUETA DE ROSALÍA,  ABAIXO.

mércores, febreiro 12, 2014

O ENTROIDO!! RECURSOS

Este ano para celebrar o Entroido  fixemos un gran desfile cos nosos difraces relacionados coa cociña, o xuízo do Meco e mural sobre os Entroidos Tradicionais:











Sabes que en Galicia temos unha morea de entroidos!! Imos coñecer un pouco máis estas figuras do ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO: Peliqueiro, Pantalla, Vergalleiro, Cigarrón...e, como non, as Madamas e Galáns de Vilaboa.
RECURSOS DA COORDINADORA GALEGA
Estupenda presentación reralizada pola profesora Ángeles Viéitez
ESTUPENDA PRESENTACIÓN SOBRE O ENTROIDO REALIZADA POR ÁNGELES VIÉITEZ

 PRESENTACIÓN REALIZADA POR ESTE EQUIPO
PRESENTACIÓN REALIZADA POR ESTE EQUIPO (RECORDA PÓR EN PANTALLA COMPLETA, PARA SAÍR PREME EN "ESCAPE")



FIGURAS TRADICIONAIS DO ENTROIDO GALEGO
ENTROIDOS TRADICIONAIS



LIM MOI INTERESANTE SOBRE OS ENTROIDOS TRADICIONAIS
CULTURA GALEGA OS BOTEIROS
O ENTROIDO  EN VIEIROS.COM
O ENTROIDO EN OURENSE
O ENTROIDO EN GALICIA ESPALLADA

xoves, febreiro 06, 2014

Día da Paz/ Fotos e presentación do Pazcionario

Cantas actividades fixemos para celebrar esta importante conmemoración!! Cantamos, bailamos, vimmos unha presentación sobre Nelson Mandela e o noso Pazcionario.
 Este Pazcionario fíxose entre todo o alumnado,  escribindo palabras do pazcionario e do antipazcionario. Con elas formamos  dúas fermosas pombas: unha sobre branco, representando todo o positivo e necesario para vivir en paz; outra en vermello, coas palabras negativas que debemos eliminar do noso mundo para poder conseguir esa harmonía , paz, non violencia...




mércores, xaneiro 22, 2014

CANTARELA DOS NENOS

Parece que esta canción, que fala de amor e amizade, gústalles moito aos nenos e nenas de 2º. A ver se pronto a podemos oír nas súas voces!!

luns, xaneiro 20, 2014

WEBQUEST SOBRE O DÍA DAPAZ

Preme na imaxe

Aquí tendes a webquest, que realizou o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística deste centro, para o 2º e o 3º ciclo. Espero que sexa entretido e que aprendades moito. Animádevos a coñecer todo o relacionado con esta data tan importante!!!

martes, xaneiro 14, 2014

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O día 30 de xaneiro celebraremos o Día da Paz, aínda que xa sabedes que é algo no que debemos pensar e reflexionar todos os días!!
                             Só tres letras, tres letras nada máis.
Só tres letras que para sempre aprenderás.
  Só tres letras para escribir PAZ: o P, o A e o Z.
Só tres letras, tres letras de nada
para cantar paz, para facer paz.
O P de pobo, o A de amar
e o Z de zafiro ou de zagal.
De zafiro, por un mundo azul
e de zagal, por un neno coma ti.

                                                                Gloria Fuertes.


RECURSOS


Seguro que xa coñecedes este cadro titulado "O Guernica" do famoso pintor español chamado Pablo Picasso. Nel represéntanse os horrores da guerra, da violencia... da ausencia de PAZ !!

SE QUERES SABER MÁIS SOBRE EL, PREME NA IMAXE.
O GUERNICA  (información sobre o cadro)






DEBUXO DO CADRO





Vídeo do Guernica en 3D


"Sadako e as mil grúas de papel" é un fermoso libro que conta a historia dunha nena que sofre unha terrible enfermidade debido as consecuencias da bomba atómica que se empregou na II Guerra Mundial. Aquí tendes un vídeo baseado no libro do mesmo título.

luns, xaneiro 13, 2014

EXPOSICIÓN DE ROSALÍA DE CASTRO NO NOSO CENTRO

Xa temos connosco a nosa benquerida Rosalía!! Podemos contar con esta exposición, grazas ao Concello de Pontevedra e a Fundación Manuel María. 
Aínda que  é o 24 de febreiro cando se conmemora a esta grande escritora, comezaremos xa co estudo da súa vida e obra. Tamén podedes aprender moitas cousas na rede, a través das ligazóns que aparecen a continuación.



WEB DE ROSALÍA DE CASTRO (BIOGRAFÍA, OBRAS, IMAXES, CASA- MUSEO...)
iNFORMACIÓN SOBRE CANTARES GALLEGOS

BIOGRAFÍA E OBRAS (BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA) PREME AQUÍ



REVISTA CHORIMAS 2025

XORNAL CHORIMAS by Marcos Portela Como sempre, unha revista magnífica onde se reflicten algunas das moitas actividades realizadas ao ...