Lembrades esta curtametraxe que fixeron os nenos e nenas de 2º de Primaria do curso pasado?
Titulábase "Case 101 dálmatas" e lucía así de ben.
Pois presentáronse ao concurso de cine OUFF ESCOLA e quedaron finalistas!
Ata Ourense desprazáronse todos emocionados á súa primeira entrega de premios e recibiron unha Mención Especial. Foi unha xornada maravillosa, chea de nervios e ilusión, e que sempre quedará para o recordo.
Dámoslle a benvida á nova tempada de "Os martes contan con arte"!
Este mes contamos coa visita do xa coñecido ilustrador Marc Taeger e a nosa querida compañeira Olalla como contacontos. Pásamalo en grande cos seus contos de medo!
Aquí vos deixamos un resumo dos momentos vividos.
Novas actividades e obradoiros están por chegar. Esperámosvos!
Coma sempre, as cabazas do CEP Marcos da Portela foron impresionantes!! Ademais as nais/pais decoraron a nosoa entrada de xeito terroríficamente espectacular!
A temática deste ano era o xogo, e puidemos atopar cabazas xogando ao peletre, ao fútbol, baloncesto...
Preme para ver máis fotos e vídeos
No Magosto, que celebramos o 9 de novembro, comemos unhas castañas riquísimas e asadiñas na máquina de Paco!!
Preme para ver máis fotos
Como o mércores o tempo non acompañaba, pospuxemos os xogos ata o venres, día 11, que ben o pasamos!! Mirade que fotos máis chulas!!
Por fin chegou o día! Taslí abre as portas da nosa biblioteca e estavos esperando cunha chea de sorpresas. Agardamos a vosa visita, de luns a xoves de 16:00 a 18:00.
Deixámosvos a continuación un vídeo coas novidades de outubro para que vaiades pensando en que libro ler e pasar así un bo rato.
Un ano máis, no programa de actividades das Letras Galegas 2022, contamos co certame CANTOS NO MARCOS. O alumnado prepararou e ensaiou a súa actuación, que ben lles quedaron a todos/as
Dentro das actividades programadas para celebrar asLetras Galegas 2022, realízaronse varios vídeos onde o noso alumnado nos explica certos erros que non debemos cometer á hora de expresarnos en galego. Tomade nota!!
Co gallo do Día das Letras Galegas convocouse un certame de debuxo para realizar un adhesivo. A gañadora foi Noa Rodríguez de 5º A!! Parabéns por este debuxo que nos invita a abrirlle as portas ao galego!!
Houbo outros/as participantes que tamén presentaron debuxos magníficos como podedes comprobar a continuación:
Como todos os anos a coordinadora do EDL elaborou uns interesantes e educativos Pasapalabras. Con eles ides coñecer ao homenaxeado deste ano, recordades quen é? Pois, claro, Florencio Delgado Gurriarán.
Anímados a contestar despois de ter lido a súa biografía! Preme aquí para ler a de Seminario Galán.
Este ano, continuamos traballando co proxecto do curso pasado, "Gocemos Galicia". A verdade é que esta nosa terra da para moito!
Nos distintos niveis seguimos as indicacións de Traslí, investigar as catro provincias galegas, incidindo naqueles puntos de interese que merecen ser visitados.
Aquí deixamos algúns dos traballos que se fixeron.
A continuación tendes o impresionante vídeo da "Guía turística virtual de Galicia".
O noso alumnado pode asesorarvos sobre moitos dos recantos da nosa terra que non podemos deixar de coñecer!! Fixérono xenial, que profesionalidade!!
Coma sempre o noso "maio" quedou espectacularmente fermoso e perfecto, e como non podía ser doutra maneira gañamos o primeiro premio!! Non podemos deixar de agradecer a toda a xente que se implicou até a magrugada para facer realidade, un ano máis, o noso "maio", xente que acode ano a ano con moito ánimo e de maneira desinteresada; tamén, ao noso exalumnado, que sorte poder velos de novo!
Pero a nosa coroa e as coplas (nas que colaboraron parte do alumnado de 6º e profesorado, sobre todo mestras xa xubiladas) non foron menos; a perfección seguiu a ser unha constante en todas estas manifestacións! De feito, na prensa local, aparecemos como claros triunfadores.
1º PREMIO DE MAIOS
2º PREMIO DE COROA
1º PREMIO DE INTERPRETACIÓN DE COPLAS
2º PREMIO DE COPLAS
Ademais, este ano, foi Pilar Lores, a nosa Pili, a encargada de pronunciar un emocionante pregón, o cal pecha este círculo de perfección.
Preme nas fotos para ver máis. Debaixo tes o vídeo do alumnado de 6º que conseguiu o 1º premio de interpretación de colpas.