Gustaríache darlle unha segunda vida aos teus libros?
O domingo 23 de abril, no Pazo da Cultura de Pontevedra, entre as 11:00 e as 14:00, terá lugar unha nova edición do Trocalibros.
Se tedes algún libro na casa en bo estado e que xa non ides volver a ler, é o momento de darlle unha segunda vida e que outro poida gozar del.
Podedes traer eses libros ao centro, agás enciclopedias e dicionarios, e nós a cambio darémosvos un vale que poderedes trocar o día da feira por un libro que desexedes.
Con motivo da celebración do Día da Muller realizamos un obradoiro de igualdade e creatividade, "A Cidade Violeta", dirixido por Anxo Fariña. Aprendimos moitos dos seus trucos para crear personaxes e pintamos unha cidade violeta cunhas pinturas especias que se iluminaban na escuridade cunha lanterna. Pasámolo en grande!
Os nenos e nenas de 5º e 6º recibiron a visita de Andrea Maceiras, autora dos libros "Conta nove estrelas" e "A folla azul". Xuntos puideron intercambiar ideas sobre as súas lecturas e gozar do momento da firma de libros. Foi un encontro moi agradable.
O alumnado de 4º recibiu a visita da escritora María Canosa despois de ler o seu libro "Cazadora de estrelas". Quedaron encantados tanto da lectura como do momento compartido con ela.
Que boa maneira de celebrar esta conmemoración tan importante e, aínda, necesaria!
Tivemos o pracer e a sorte de contar coa visita dunha moza que está loitando por romper as barreiras desta sociedade cos seus puños, nunca mellor dito (recordade que este deporte ten unhas regras moi estrictas); pois, Yohana Jiménez é boxeadora e campioa a nivel autonómico e nacional!!
Contounos a súa experiencia como deportista e estudante, e falounos de valores moi importantes como o esforzo ou o respecto. Esperamos que siga obtendo éxitos na súa vida e abrindo camiños cos seus "puños" e as súas palabras.
Continuamos coa conmemoración deste día dun xeito inmellorable, xa que o venres 10 tivemos a visita de Carla Santoro, unha nena que cursa 1º de E.S.O. Carla loita, tamén, no seu día a día coa súa discapacidade visual e, ademais, participa en campionatos de atletismo a nivel nacional. Déixanos claro que para conseguir metas o importante é o esforzo e tesón, e que non hai ningún tipo de trabas que poidan frear as ansias por conseguir o que desexamos!!
Cando puidemos comprobar, cunhas gafas, como percibe o mundo, aínda a admiramos máis!! Sabemos que chegarás moi lonxe, estaremos pendentes dos teus logros!!
Tamén, coma todos os anos fixemos un fermoso mural; no que recordamos a moitas mulleres que foron ben importantes! Atréveste a ser ti unha destas mulleres!?
Canto "xogo" nos deu este novo entroido! Disfrazámonos de moitos xogos: parchís, dominó, quen é quen?, tres en raia, quebracabezas con mensaxe e xadrez!!
Contamos, como todos os anos, cun acompañamento musical inmellorable!! Moitas grazas á Las Flores del Carnaval e Os Canecos que nos acompañaron durante todo o desfile!!,
Fixémoslle ao Meco un bo xuízo e decidiuse unha sentenza sen contemplacións! Os fiscais leron as acusacións sen titubeos, como poderedes ver nos vídeos; temos que dar as grazas á nosa poetisa Isa pola súa axuda coas coplas. A continuación, leuse o seu testamento e, por último, procedeuse á súa queima!
Os nenos e nenas de 2º, despois de ler o libro "Feliz Feroz", puideron gozar hoxe da visita do seu autor, "El Hematocrítico", co que compartiron moitas risas.
Deunos información sobre las identidades masculinas e as relacións desde a Igualdade. Xa quea masculinidade tradicional ten varios problemas: non se axusta á realidade, conduce a identidades insás e frea o desenvolvemento da igualdade.
Destacou que a nosa convivencia basease norespecto e coidadoque debemos ter cara nós mesmos/as e cara os demais.
Tamén falamos do importante que é que a temática dos nosos xogos non sexa a violencia, de ningún tipo, mesmo a dos superheroes non é válida, non está xustificada.
Agora coñecemos como desexamos que sexa o noso mundo, os nosos soños... Ao igual que Martín Luther King, verbalizamos e describimos o mundo de igualdade, respecto e harmonía co cal soñamos.
Podedes ver a foto do mural que fixemos con eses soños.
Ademais, Rafa e Alicia, coa colaboración doutros mestres, prepararon dúas fermosas actuacións coas que puidemos reflexionar de maneira moi acertada: A Tartaruga que quería durmir (vídeo con dobraxe)e Unha Abella de máis (teatro de sombras)!
Este pasado martes tivemos a sorte de poder gozar do contacontos ilustrado "A pomba de Pablo", da man de Polo Correo do Vento. Pasamos un momento marabilloso e cheo de risas.
Animámosvos a seguir asistindo a estes encontros tan especiais.
Empezamos a quentar motores para a celebración dun Nadal máis coa preciosa decoración das nais e pais e o magnífico belén!! Este ano tampouco faltaron as fermosas felicitacións que se intercambiou o noso alumndo! PREME AQUÍ
E non podemos establecer o marabilloso festival que organizou o profe Rafa!!
Lembrades esta curtametraxe que fixeron os nenos e nenas de 2º de Primaria do curso pasado?
Titulábase "Case 101 dálmatas" e lucía así de ben.
Pois presentáronse ao concurso de cine OUFF ESCOLA e quedaron finalistas!
Ata Ourense desprazáronse todos emocionados á súa primeira entrega de premios e recibiron unha Mención Especial. Foi unha xornada maravillosa, chea de nervios e ilusión, e que sempre quedará para o recordo.
Dámoslle a benvida á nova tempada de "Os martes contan con arte"!
Este mes contamos coa visita do xa coñecido ilustrador Marc Taeger e a nosa querida compañeira Olalla como contacontos. Pásamalo en grande cos seus contos de medo!
Aquí vos deixamos un resumo dos momentos vividos.
Novas actividades e obradoiros están por chegar. Esperámosvos!
Coma sempre, as cabazas do CEP Marcos da Portela foron impresionantes!! Ademais as nais/pais decoraron a nosoa entrada de xeito terroríficamente espectacular!
A temática deste ano era o xogo, e puidemos atopar cabazas xogando ao peletre, ao fútbol, baloncesto...
Preme para ver máis fotos e vídeos
No Magosto, que celebramos o 9 de novembro, comemos unhas castañas riquísimas e asadiñas na máquina de Paco!!
Preme para ver máis fotos
Como o mércores o tempo non acompañaba, pospuxemos os xogos ata o venres, día 11, que ben o pasamos!! Mirade que fotos máis chulas!!