"Imaxina o Atlántico" é unha iniciativa da Rede de Escolas Galegas Asociadas á Unesco (REGAU), e que tiña por obxecto poñer en valor un dos elementos fundamentais do noso patrimonio natural: o mar. Así como desenvolver valores de respecto e coidado cara a nosa contorna.
E a verdade que despois de ver como ficou o corredor do noso colexio, cunha morea de traballos fantásticos sobre aquilo que os nosos nenos e nenas viviron nestes fermosos lugares; non podemos deixar de pensar naquilo que sentirían os nosos emigrantes devanceiros e non tan devanceiros, desgraciadamente, cando tiñan que deixar atrás Galicia...
Por iso debemos estar ben orgullosos do que somos e do que temos... :)
Moitas grazas a todas as familias que fixeron posible este traballo.
Moitas grazas a todas as familias que fixeron posible este traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario