O Xogo do chiflo foi un obradoiro no que participaron os nenos e as nenas de 5º e 6º, no que aprenderon moitas cousas sobre a historia de Pontevedra a través da cooperación, a atención e a creatividade.
O Chiflo é un personaxe que crea crebacabezas e guía aos nenos e nenas nunha historia sobre os segredos, persoeiros e tradicións da nosa cidade.
A través dos xogos e probas, foron atopando as solucións para montar cada cara dun cubo de cartón, con imaxes, frases, monumentos e persoeiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario