mércores, xaneiro 25, 2017

DÍA DA PAZ 2017

Este ano imos celebrar o Día da Paz cunha fermosa canción que fala da amizade entre todos os nenos e nenas do mundo. A letra, que é do escritor Xosé Neira Vilas, podedes aprendela coa presentación que aparece a continuación. Ademais xa sabedes que imos aprender a cantala en linguaxe de signos,que sorte temos! Celebramos este día participando nun obradoiro que nos axudou a descubrir a nosa paz interior, sen a cal  sería imposible poder gozar da paz na nosa casa, cidade, colexio...ata chegar a globalidade do mundo!!
 Aquí tendes unhas fotos deste magnífico obradoiro, algúns mesmo lograron meditar cunha grande concentración!
Preme na foto para ver as fotos




Preme na foto
Tamén decoramos o vestíbulo cos nosos debuxos, nós mesmos collidos das mans como amigos e amigas que somos e seremos sempre! FERMOSO POEMA FEITO POLO ALUMNADO DE 4º: PREME AQUÍ PARA LER "DANZA A TERRA"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

25 N 2024

 Hoxe celebramos unha data moi importante para todas as mulleres e toda a sociedade:  Día Internacional da  Eliminación da Violencia contra ...