O día 2 de abril foi o Día Internacional do Libro Infantil, e sabes por que se escolleu esa data? Pois porque tal día como
ese do ano 1805 naceu un gran escritor de contos infantís chamado HANS
CHRISTIAN ANDERSEN, en Dinamarca, ao norte de Europa. Seguro que tes
lido moitos dos seus contos sen saber que el era o autor, por exemplo: O
patiño feo, O soldadiño de chumbo, O traxe novo do emperador...
Queres volver ler eses e outros moitos contos máis escritos por el? Preme na foto.
Hoxe, no cole, celebrámolo con interesantes lecturas deste autor, como por exemplo: "O reiseñor", "O traxe novo do rei" e "A princesa e o chícharo".
Se queredes ler de novo o conto "O traxe novo do rei", podedes facelo no seguinte vídeo:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
NADAL 2025
Aquí tendes o vídeo do fermoso e emocionante festival onde resoou a música das panxoliñas un ano máis... onde despedimos á profe Chus con...
-
XORNAL CHORIMAS by Marcos Portela Como sempre, unha revista magnífica onde se reflicten algunas das moitas actividades realizadas ao ...
-
Aí vén o maio...pois por fin chegou o maio. Unha tradición dende o CEP Marcos da Portela por facer a coroa, o propio Maio e cantar as coplas...
-
Nunca defrauda a nosa exposición de cabazas do Samaín , máis ben nos segue a sorprender grazas ao inmenso traballo de nenos/as e maiores. E...



Ningún comentario:
Publicar un comentario