Menuda se montou este ano no Entroido!! Foi un entroido reivindicativo baixo o lema "Cambio de roles"!! As mulleres xa non quedan na casa, senón que ostentan cargos de moita importancia e responsabiliade (presidentas, ministras, directoras xerais de empresa...) e eles son os seus fieis secretarios; as nenas xa non xogan só ás bonecas, senón tamén aos cochiños, motos ou o que sexa; elas, como non, xogan ao fútbol, baloncesto, tenis... e eles... a animar; as "chef" agora son elas e eles, os pinches; os músicos tocan e elas dirixen a orquestra coa súa batuta; as capitanas mandan nos barcos e os mariñeiros axúdanas e, como remate, os nenos desenvolvendo un traballo ben importante: perfecos amos de casa, porque eles o valen"!!!
Preme na seguinte ligazón para poder ler o testamento que fixo o alumnado de 4º coa profe Isa:
ENTROIDO Do Marcos Da Portela 2018 by Anonymous FUKzlCE on Scribd
Ningún comentario:
Publicar un comentario