domingo, marzo 04, 2018

PRIMAVERA DAS LETRAS

O pasado xoves tivemos a sorte e o honor de recibir a visita da Real Academia Galega, con persoeiros como o seu presidente, Víctor Fdez. Freixanes - por certo, a nosa biblioteca leva o seu nome!- e as académicas Marilar Aleixandre e a nosa benquerida Fina Casalderrey.

Presentouse o acto Primavera das Letras co que a RAG da a coñecer a homenaxeada este ano, Mª Victoria Moreno. Ademais dos discursos de Alicia, a nosa directora, do presidente e de Fina (todos eles moi emocionantes), tivemos as actuacións de diferentes alumnos e alumnas. Foi un acto entrañable ao cal asistiu profesorado dos centros da contorna, ANPA ...Persoas que compartiron con nós unhas horas cheas de emoción e nerviosismo pola repercusión mediática que ía ter o acto.

Preme nas fotos para ver como se desenvolveu o acto.

Víctor F. Freixanes, as académicas Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre, Begoña Llácer e Pedro Ferriol, filla e viúvo de María Victoria Moreno, ás portas da biblioteca do CEP Marcos da Portela, que leva o nome do presidente da RAG.Fonte: RAG
Fermosos versos para homenaxear a Mª Victoria Moreno creados pola profe Isa e o alumnado de 4º nivel. Parabéns!!! A continuación, o brincaletras dedicado á esta autora.

Ano María Victoria Moreno by Marcos Portela on Scribd








FERMOSO ACRÓSTICO, REALIZADO COAS LETRAS DESEÑADAS POLO NOSO ALUMNADO,  QUE FORMAN UNS PRECIOSOS VERSOS CHEOS DA POESÍA DESTA AUTORA.


Preme nas seguintes ligazóns para ver os vídeos da Real Academia Galega:
https://www.youtube.com/watch?v=jJTVEqz5-dk
https://www.youtube.com/watch?v=KNIjQ-NDUaA&feature=youtu.be&a
https://www.youtube.com/watch?v=qcfzXERW3aE&feature=youtu.be&a=
https://www.youtube.com/watch?v=PQlS8_X6kKk&feature=youtu.be&a 
https://www.youtube.com/watch?v=7AoQFbvn-tM&feature=youtu.be&ahttps://www.youtube.com/watch?v=7AoQFbvn-tM&feature=youtu.be&a

                                       



O alumnado de 4º (A,B e C) foi  o fío condutor entre as tres actuacións, preguntándolle a nosa Mª Victoria particular a onde íai (a resposta era a presentación da actuación).

Actuacións:
  • Vídeo presentación do "Pregón lido na Feira do Libro de Pontevedra de 2003" (só dunha parte do texto), alumnas de 6º.
  • Dramatización do poema "O almorzo", a cargo de alumnos/alumnas de 3º.
  • Poema musicado "Cantiga" do libro "Elexías de luz", alumnado de 5º (A e B).
  • Peche das actuacións, alumnado de 4º.
O retrato, que aparece no escenario, foi realizado polo noso compañeiro Eduardo Antonio Dios.


Os fermosos versos que pecharon a actuación do alumnado foron:


"A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é, simplemente, unha historia de amor".


"Escribo no mencer
escribo nesta hora
cando o mencer achega aos meus cristais
aloumiños incertos palabras peregrinas."



"Faleivos da liberdade
e, contra vento e marea,
 enfronteime coa censura
para dicirvos que era
un dereito inalienable
falar en lingua galega."


Ningún comentario:

Publicar un comentario

UN SAMAÍN DE CINE

Chegou a noite máis aterradora do ano e no Marcos da Portela celebrámola cun concurso de cabazas moi cinematográfico e disfrazados dos perso...