Unha fermosa composición tanto pola forma como polo fondo; con ela reinvindicamos, precisamente, que de ningunha maneira queremos plástico nin no fondo do mar nin en ningures! Destaca o traballo plástico e, tamén, o narrativo e de investigación reflectido nos diferentes libros e "lapbook"!!
O noso alumnado visitou o Salón e puido participar en diferentes obradoiros (Anxo Fariña, impresións en 3D...), ademais de visitar as instalacións onde se falaba, por exemplo, da revolución da escrita, da Revolución dos Caraveis de Portugal...e ver os traballos doutros coles. Nas fotos podedes ver unha pequena mostra do que se fixo.
Preme na foto para ver as demais |
FOTOS DE 5º |
Ningún comentario:
Publicar un comentario