Para a ocasión engalanamos o vestíbulo con fermosos traxes tradicionais galegos (expuxéronse tamén fotos cos nomes das diferentes partes do mesmo), ademais de láminas ilustrativas do carro, da gaita, do canastro...O noso alumnado traballou estes termos, nas clases, completando debuxos destes elementos "do noso".
O alumnado de 1º fixo retratos do autor homenaxeado a partir dun modelo dado; os excepcionais debuxos foron tamén expostos no noso vestíbulo!
Para ver todas as fotos premede nas dúas últimas.
Fotos do segundo pase |
Fotos do primeiro pase |
"Foi Teijeiro homenaxeado
no último Salón do libro.
Choveron bicos e versos,
trouxo a palabra aloumiños."
"Na clase de libre configuración , compuxemos entre os tres cuartos do cole un centón homenaxe a Antonio García Teijeiro, utilizando única e exclusivamente versos do poeta. Sentímonos camiñantes da palabra, descubridores de historias e paisaxes reais ou afectivas. Pescamos rimas, metáforas, personificacións... Fomos poetas ao fin e ao cabo e agardamos vos guste o resultado final."
Profe Isa
Centón Homenaxe a Teijeiro by on Scribd
Ningún comentario:
Publicar un comentario