15/4/20

POEMAS COMPARTIDOS

Entre o DÍA DE ROSALÍA, 24 de febreiro, e o DÍA DA POESÍA, 21 de marzo, estábamos a facer una actividade que lle chamamos
POEMAS COMPARTIDOS
na que cada membro da comunidade educativa podía agasallarnos cun poema, de Rosalía de Castro ou outro/ autor/a galego/a.
Este poema sería colgado, nun espazo acondicionado do vestíbulo, para poder coller outro e gozar coa súa lectura.

Tendo en conta as circunstancia actuais é difícil compartilos, pero
todo o alumnado que queira pode copiar un poema, ou más de un se así desexa, e, cando regresemos ao colexio xa poderemos levalos e compartilos.

As condicións que deben cumprir son:
Escrito en galego.
Boa letra, boa presentación, pode incluír ilustracións.
Seguir o esquema da plantilla (preme aquí).

Poden participar nenos e nenas desde 1º a 6º, pero tamén nais, pais, …

Ánimo!
Esperamos o teu agasallo!


Equipo de Dinamización da Lingua Galega

POESÍAS COMPARTIDAS by Marcos Portela on Scribd

No hay comentarios:

Publicar un comentario