venres, febreiro 28, 2025

ENTROIDO 2025

 Como podedes comprobar no seguinte vídeo, o ENTROIDO deste ano gañaría un Óscar, xa que foi un ENTROIDO de cine!!



Cono todos os anos o Meco tivo un xusto xuízo cunhas coplas moi  enxeñosas e agudas! Grazas, Isa!

COPLAS ENTROIDO 2025 by Marcos Portela

xoves, febreiro 27, 2025

VENRES DE CONTO

Naiara e Eric tamén se animaron a participar nos Venres de conto con "A galiña que non quería poñer ovos".

Moitas grazas por compartir esta lectura connosco!


mércores, febreiro 26, 2025

CERTAME DE POESÍA 2025


Que fermosos e emocionantes poemas nos beizos do noso alumnado! Poemas da inesquecible Rosalía de Castro e moitos autores/as máis: Anisia Miranda, Xosé Neira Vilas, Manuel María Curros, Anton Cortizas, Celso Emilio Ferreiro, García Teijeiro..





 


                                          


domingo, febreiro 23, 2025

DÍA DE ROSALÍA 2025

No cole xa sabemos be quen foi Rosalía, até os máis cativos!! E nun fermoso acto cantamos o seu famoso poema : "Adeus, ríos; adeus, fontes..."

luns, febreiro 17, 2025

XADREZ NA BIBLIO

O pasado venres iniciamos unha nova actividade na biblioteca durante o recreo, "Xadrez na biblio". A verdade é que tivo moito éxito, así que continuaremos moitos máis recreos con este deporte. 

Estades todos invitados a xogar! 

Esperámosvos na biblioteca!







mércores, febreiro 12, 2025

OBRADOIRO DE CINE E MAXIA. OS MARTES CONTAN CON ARTE

Este martes contamos coa visita da compañía Lagriot´te para realizar un obradoiro de cine e maxia. Faláronnos das orixes do cinema e a súa faceta máis máxica a través das primeiras gravacións da historia. Aprendimos moitísimo! 

Tamén fixemos a nosa propia película e para finalizar construimos un taumátropo.

Pasámolo en grande!

venres, febreiro 07, 2025

VENRES DE CONTO

Durante o recreo de hoxe puidemos gozar do conto "Cans de ribeira", contado por Maja e Elia, dúas nenas de 4º.  
Grazas pola vosa participación!







VISITAS DE CINE: JULIA CASTRO

Dentro das actividades relacionadas co noso PDI O CINE, tivemos a sorte de contar coa visita de Julia Castro, unha profesional moi dinámica: periodista,   técnica audiovisual con experiencia en grabación e edición de vídeo e  creativa guionista. Que mellor presentación que a que fai ela mesma na súa páxina web:

Son Julia Castro, periodista galega. Na miña infancia recordo acontecementos que cambiaron a historia e despertaron a miña curiosidade sobre o mundo que me arrrodeaba. O poder dos medios de comunicación captou a  miña atención coa chegada do euro, os Xogos Olímpicos de Barcelona e o ataque terrorista contra o World Trade Center.

.

Pertenzo á xeración da transformación dixital, o meu primeiro ordenador chegou á casa na adolescencia, os móbiles no dispoñían de Internet e a  música  comprába nas tiendas. Remontámonos ao século XX, viviamos unha revolución social, cultural e dixital, que avances tecnolóxicos nos sorprenderían co  novo século? Entón, elexín o camiño do periodismo.

.

“Lo más importante en la comunicación es escuchar lo que no se dice”, Peter Druke.










REVISTA CHORIMAS 2025

XORNAL CHORIMAS by Marcos Portela Como sempre, unha revista magnífica onde se reflicten algunas das moitas actividades realizadas ao ...