venres, febreiro 07, 2025

VISITAS DE CINE: JULIA CASTRO

Dentro das actividades relacionadas co noso PDI O CINE, tivemos a sorte de contar coa visita de Julia Castro, unha profesional moi dinámica: periodista,   técnica audiovisual con experiencia en grabación e edición de vídeo e  creativa guionista. Que mellor presentación que a que fai ela mesma na súa páxina web:

Son Julia Castro, periodista galega. Na miña infancia recordo acontecementos que cambiaron a historia e despertaron a miña curiosidade sobre o mundo que me arrrodeaba. O poder dos medios de comunicación captou a  miña atención coa chegada do euro, os Xogos Olímpicos de Barcelona e o ataque terrorista contra o World Trade Center.

.

Pertenzo á xeración da transformación dixital, o meu primeiro ordenador chegou á casa na adolescencia, os móbiles no dispoñían de Internet e a  música  comprába nas tiendas. Remontámonos ao século XX, viviamos unha revolución social, cultural e dixital, que avances tecnolóxicos nos sorprenderían co  novo século? Entón, elexín o camiño do periodismo.

.

“Lo más importante en la comunicación es escuchar lo que no se dice”, Peter Druke.










Ningún comentario:

Publicar un comentario

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2025