Que fermosa celebración tivemos o Día da Paz!!! A paz que, por certo, temos que ter presente todos os días da nosa vida! Comezamos a conmemoración coa lectura, a cargo de alumnos/as de 6º, dun fermoso poema escrito pola profe Isa a partir duns versos de Ana María Fernández, "Sabor a Paz"; logo, puidemos ver o vídeo do alumnado de 1º e 2º recitando o poema da mesma autora titulado"Os dedos", que ben o dramatizaron!; a continuación, o alumnado de 4º recitou o fermoso poema "Apostas pola Paz"composto polas diferentes clases de 4º ; e, por último, cantamos a emocionante canción"Rumba das apertas" de Magín Blanco!!
E non esquezamos que agora xa sabemos dicir a palabra "paz" en moitas linguas!! Mira ao final da entrada.
Tamén temos que destacar o traballo realizado polas familias para versionar o poema "A paz" de Ana Mª Fernández. Parabéns!!
Non esquezamos que tamén fixemos o mural deste día, onde se plasmou un poema cunha mensaxe de paz para o noso centro e para todo o planeta, "Xuntos pola paz"!! Arredor del situáronse palabras que significan "paz" noutras linguas, algunhas delas minoritarias. Que ben quedaron , canta creatividade nos diferentes deseños!! Agora xa sabes o que significa "Trifuscó" e todas as demais palabras!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario