Este luns, día 25, o alumnado de 6º percorreu as rúas de Pontevedra para realizar o roteiro Sarmiento. Temos que dar as grazas a Roberto por todo o que nos contou sobre Sarmiento e o momento histórico no ue viviu.
Que ben o pasamos, até "navegamos" nun barco que nos recorda ata onde chegaba a auga naquela época!! Podedes ver as fotos máis abaixo!
|
Se queres ler máis información, preme na foto |
Nesta mesa, Martín Sarmiento (1695-1772) forxou un dos máis importantes e orixinais legados intelectuais da Ilustración española, ao tempo que sentaba os alicerces para o desenvolvemento do galeguismo contemporáneo. Sarmiento investigou e reflexionou sobre case todos os ámbitos de coñecemento do momento: botánica, xeografía, filoloxía, historia, economía, antropoloxía, nada escapaba á curiosidade do erudito. Pero a súa maior obsesión foi o estudo de Galicia nos seus distintos aspectos, cun afán abertamente revindicativo a con miras ao seu progreso material e espiritual. Unha boa parte da obra de Sarmiento permanece inédita ou é escasamente coñecida. Desde os mesmos finais do século XVIII a intelectualidade galega, e con forza crecente tamén os estudosos da Ilustración hispánica, vén reclamando a divulgación do legado sarmentino.
|
FOTOS DE 6º
|
|
FOTOS 5º |
Ningún comentario:
Publicar un comentario