martes, marzo 18, 2014

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE

Este venres temos unha dobre celebración: o Día da Poesía e da Árbore. Xa temos preparado o  vídeo do poema "Penélope", escrito polo autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
Seguro que ides  recitar moitos dos poemas de Rosalía, por certo, que traballos máis fermosos están a facer, os nenos e nenas do cole, sobre estes poemas!! Empezamos, agora, cun vídeo do noso benquerido Manuel María e os recursos para traballar a poesía!



A nosa presentación do fermoso poema de Xosé María Díaz Castro titulado "Penélope", o primeiro con audio de alumnos e alumnas de 6º A, B e C. Despois aparece sen audio, só con música. Ollo!, non está en galego normativo.



RECURSOS
 

xoves, marzo 06, 2014

DÍA DA MULLER TRABALLADORA



  • O 8 de marzo celébrase o Día da Muller Traballadora. En todo o mundo, hai e houbo unha morea de mulleres que foron moi importantes para a cultura, política, ciencia... dos seus respectivos países. E, como non, en Galicia tamén temos moitísimas mulleres loitadoras, emprendedoras... Queres coñecelas? Se premes na imaxe poderás comezar a  PROCURA DO TESOURO DAS MULLERES GALEGAS ILUSTRES.



 CAZA DO TESOURO

  • Pronto empezaremos cunha fermosa actividade de arte pictórica, na que veremos o traballo que desenvolveu a muller, na nosa sociedade,  a través de interesantes cadros, moitos deles pintados por mulleres. Pintaremos e analizaremos estes cadros facendo tamén arte coa nosa lingua. Xa veredes que interesesante!! As profes xa están buscando os cadros cos que imos traballar, comezaremos nun intre!!
Se queres empezar a ler algo sobre este tema preme na imaxe.

 mulleres na arte

  • RECURSOS
  1. MULLERES NAS LETRAS Ligazón moi interesante sobre as mulleres máis importantes da nosa literatura. Cultura Galega.org
  2. MULLERES E CIENCIA EN GALICIA  Cultura Galega.org
  3. MULLERES E MAR   Cultura Galega.or
  4. MULLERES GALEGAS (Galicia espallada)
  5. Se queres ler sobre outras mulleres científicas, como Hipatía de Alexandría ( que naceu no ano 370) ou Marie Curie, preme nas súas fotos.

 Curie Hipatia


  •  E TI, QUE QUERES SER? COÑECES ESTE CONTO?
Por que todas as nenas queren ser princesas rosas?


Carlota era unha princesa rosa, pero estaba farta de ser princesa e estaba farta do rosa.
Ela quería percorrer mundo e correr aventuras, quería cazar dragóns, buscar tesouros e adestrar bolboretas. Pero a súa nai era unha princesa rosa, e opinaba que as princesas tiñan que ser rosas e delicadas como as rosas; o seu pai, que era un príncipe azul, tamén opinaba que as princesas tiñan que ser rosas e delicadas como as rosas.
Carlota argumentaba que ela non era unha rosa, que era unha nena moi triste coa súa vida rosa. Ao ver á súa filla deste modo, a nai e o pai decidiron preguntarlles as fadas se Carlota tiña que ser como as rosas ou como as nenas.
A fada madriña máis vella e máis sabia dixo que as nenas non eran flores, senón que podían ser o que quixeran ser.
Carlota abandonou os seus vestidos rosas e púxose a cantar, bailar e viaxar.
Mentres o facía, preguntábase: "Por que todas as nenas queren ser princesas rosas?"


AGORA XA PODEDES ESCRIBIR VERSIÓNS DIFERENTES DOS CONTOS DE SEMPRE, NELES NON TEN QUE HABER UN PRÍNCIPE QUE SALVE Á PRINCESA!! SEGURO QUE A PRINCESE SABE COMO FACELO!!

  •  Aquí tendes un vídeo sobre o conto titulado "O Libro dos Porcos" , seguro que na vosa familia colaborades todos/as, verdade? 


  




  • Outros libros que non hai que deixar de ler:


 Arturo e Clementina son dúas fermosas tartarugas namoradas que viven á beira dun estanque. Mentres Arturo pasa o día pescando, Clementina abúrrese tremendamente. Para que se distraia, Arturo tráelle moitas cousas: un tocadiscos, un cadro, unha enciclopedia..., pero a Clementina o que de verdade lle interesa é ver mundo.







  No libro titulado "O País dos Mandóns" uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas, xoguen, saian ou traballen fóra das súas casas. iNCRIBLE, NON?








  • E PARA REMATAR UN XOGO!! A OCA DA IGUALDADE

 XOGO DA OCA

MIÑOCA E OURIZO

O pasado xoves 9 de maio estivo o escritor Ramón D. Veiga presentando o seu libro, "A miñoca e ourizo" ao alumnado do 1º ciclo. Un...