luns, abril 27, 2015

EMISIÓN DÁLLE Á LINGUA

A partir de hoxe e durante dúas semanas, emitiranse  as gravacións no programa de Dálle á lingua, de Onda Cero.

Os rapaces e rapazas de 1º e 2º falarán sobre o Proxecto que realizaron sobre a luz. Os nenos e nenas de 3º explicarán o traballo que fixeron sobre os faros, e os de 5º e 6º presentarán o proxecto que están a desenvolver sobre as pontes.

Estade ben atentos!!

Será en horario de 11:50 a 12:00 h. 

Iso si, non vos preocupedes se non a podedes escoitar en directo, neste blog compartiremos as ligazóns cos podcast do programa.


Aquí tendes as fotografías da gravación.

domingo, abril 19, 2015

AS IMAXES DE CASTELAO



Esta semana, os alumnos e alumnas de 5º e 6º estiveron a investigar sobre a vida de Castelao, a través da exposición "As imaxes de Castelao" que temos exposta no centro dende o pasado mes de marzo, cedida polo Concello de Pontevedra.

Preme na imaxe para acceder a cada panel.

MURAL FOTOGRÁFICO 365 DÍAS

Achégate ao vestíbulo e pesquisa a túa foto no mural de fotos "365 días co galego"!!!



DÍA DA POESÍA

E así conmemoramos o Día da Poesía no CEP Marcos da Portela, traballando poesías relacionadas coa temática da luz.

O 1º ciclo traballou "O arco da vella", o 2º ciclo "O sol" e o 3º ciclo "A estrela", da obra Os soños na gaiola de Manuel María.

Con elas decoramos as escaleiras do colexio, e tamén os nenos e as nenas de 1º, 2º e 3º fixemos estes vídeo para enviar aos nosos amigos do CEP Isidora Riestra de Poio.





E así de bonitos quedaron os chanzos!


CONTACONTOS

Os nenos e as nenas de 1º e 2º asistiron a este fabuloso contacontos coa historia de "Augusta e os seus medos".

Moito rimos!

OBRADOIRO DE DOBRAXE

Os nenos e nenas de 4º participaron nun obradoiro de dobraxe moi divetido. Tiveron que dobrar nada máis e nada menos que un capítulo de Bob Esponxa ao galego!

Esperamos volver repetir a experiencia!

venres, abril 17, 2015

BRINCALETRAS 2

Como xa sabedes, antes das vacacións de Semana Santa enviamos ás casas os Brincaletras nº 2. Nesta nova edición tiñades que demostrar que vós tamén podedes ser uns poetas! Conseguistes o reto??

Lembrade que a vindeira semana é a última para entregalos.

Boa sorte!!!

MIÑOCA E OURIZO

O pasado xoves 9 de maio estivo o escritor Ramón D. Veiga presentando o seu libro, "A miñoca e ourizo" ao alumnado do 1º ciclo. Un...