luns, outubro 27, 2014

mércores, outubro 22, 2014

GLOGSTER SAMAÍN 2014

Achégase o Samaín, e por iso o ENDL elaborou este Glogster cunha escolma de recursos recompilados na rede.

Para acceder, premede na imaxe e iredes directamente ao Glogster.

Esperamos que vos guste e lle saquedes moito proveito!



venres, outubro 17, 2014

TAMBO

Mañá sábado 18 ás 20:00 horas tendes unha cita no Teatro Principal de Pontevedra: un concerto de Tambo coa Banda Fungadeira.

Tambo é un proxecto que naceu dunha actividade dinamizadora da Biblioteca do CEIP do Carballal de Marín, no que o alumnado elaborou relatos que tratan valores como a conservación do medio ambiente ou a discapacidade. 

O resultado deste traballo foi un libro disco de contos cantados en galego, finalista nos Premios á Edición do Mellor Libro Infantil en Galego 2013.



mércores, outubro 15, 2014

PREMIO LEIXAPRÉN 2014

María Xosé Silvar, coñecida como Sés, música e cantautora coruñesa, foi gañadora do Premio Leixaprén deste ano 2014, un premio de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega que se fai entrega cada ano a un persoeiro público, escollido por votación entre os diversos ENDL adscritos á Coordinadora Galega.



EN XOGO

Rexistrate en EN XOGO!

So necesitas:
- Unha conta de correo.
- Un nome para identificarte. 
- E un contrasinal.

Poderás xogar a: Curuxa, Trivial, Catapalabras e Letrad@s

Atrévete e demostra o que sabes.



sábado, outubro 11, 2014

DOUS LIBROS GALEGOS ENTRE OS MELLORES DO MUNDO

A Feira Internacional do Libro de Fráncfort presentou esta semana o catálogo White Ravens, un listado das mellores 200 obras de todo o mundo para o público infantil deste ano. 

Entre os sete títulos españois que figuran, dúas son de editoriais galegas: "Galiño pelado", na súa versión en castelán, de OQO; e o álbum "Nicomedes o pelado", de Kalandraka.

Este último, ademais, en galego, é o único libro incluido na White Ravens editado nunha lingua cooficial do estado español distinta do castelán.



venres, outubro 10, 2014

OLLOS DE AULA Nº 16 - REVISTA PARA AS FAMILIAS

Comparto con vós a edición número 16 da revista Ollos da aula, que para os que non a coñezan é unha revista que publica a Coordinadora Galega de Equipos de Normlización e Dinamización Lingüística de xeito mensual, e que informa ás familias de todos aqueles aspectos da educación que están de actualidade.

Nesta primeira entrega do curso 2014/2015 abórdanse temas como: crear hábitos de traballo nos nenos/as, cambios inminentes que introduce a LOMCE, que é a aprendizaxe por proxectos, propostas lectoras, etc.






luns, outubro 06, 2014

CONCURSO DE LOGOS

Convidamos ao alumnado de segundo e terceiro ciclo a deseñar un logo para o noso ENDL. Un logo que estará relacionado co nome do blog "A palabra saborosa".

Unha vez que o elaboredes, seguindo as instrucións descritas no cartaz, indicaredes nome e curso por detrás do papel e o entregaredes ao titor ou á titora.

Posteriormente selecionaremos os mellores logos, para despois votar polo único e definitivo.

Animádesvos?




GALEGO, LINGUA MINORITARIA?

Un curso máis, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEP Marcos da Portela continúa a súa andaina neste blog das palabras saborosas, adicionando ingredientes suculentos e receitas exquisitas. Porque o galego está presente nas mellores linguas, porque é e debe ser unha lingua rexa!

MIÑOCA E OURIZO

O pasado xoves 9 de maio estivo o escritor Ramón D. Veiga presentando o seu libro, "A miñoca e ourizo" ao alumnado do 1º ciclo. Un...