luns, novembro 28, 2022

25N DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MUllERES

 Conmemoramos este día  da mellor maneira posible, cunha estupenda e ben interpretada obra de teatro!!

Anunciámolo  con este cartel e emocionados asistimos a unha emocionante e moi espontánea dramatización!!

Para ver as fotos preme no cartel.






luns, novembro 21, 2022

FINALISTAS NO XIII CERTAME DE CINE OUFF ESCOLA

Lembrades esta curtametraxe que fixeron os nenos e nenas de 2º de Primaria do curso pasado?

Titulábase "Case 101 dálmatas" e lucía así de ben.


Pois presentáronse ao concurso de cine OUFF ESCOLA e quedaron finalistas!

Ata Ourense desprazáronse todos emocionados á súa primeira entrega de premios e recibiron unha Mención Especial. Foi unha xornada maravillosa, chea de nervios e ilusión, e que sempre quedará para o recordo.

Un aplauso para estes pequeno artistas! 👏👏👏







martes, novembro 15, 2022

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 





PREME NA IMAXE

PREME NA IMAXE

PREME NO TEXTO






VOLVEN "OS MARTES CONTAN CON ARTE"

Dámoslle a benvida á nova tempada de "Os martes contan con arte"!

Este mes contamos coa visita do xa coñecido ilustrador Marc Taeger e a nosa querida compañeira Olalla como contacontos. Pásamalo en grande cos seus contos de medo!

Aquí vos deixamos un resumo dos momentos vividos.


Novas actividades e obradoiros están por chegar. Esperámosvos!


xoves, novembro 10, 2022

SAMAÍN E MAGOSTO 2022!!

 Coma sempre, as cabazas do CEP Marcos da Portela foron impresionantes!! Ademais as nais/pais decoraron a nosoa entrada de xeito terroríficamente espectacular!

A temática deste ano era o xogo, e puidemos atopar  cabazas xogando ao peletre, ao fútbol, baloncesto...

Preme para ver máis fotos e vídeos

No Magosto, que celebramos o 9 de novembro, comemos unhas castañas riquísimas e asadiñas na máquina de Paco!!

Preme para ver máis fotos

Como o mércores o tempo non acompañaba, pospuxemos os xogos ata o venres, día 11, que ben o pasamos!! Mirade que fotos máis chulas!!





MIÑOCA E OURIZO

O pasado xoves 9 de maio estivo o escritor Ramón D. Veiga presentando o seu libro, "A miñoca e ourizo" ao alumnado do 1º ciclo. Un...