xoves, abril 20, 2017

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO (RECURSOS)


O Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. Sabes por que se elixiu esta data? Se non o recordas, busca na seguinte ligazón no apartado do autor. Tamén poderás sentirte coma un/ha Quixote e vivir aventuras coma a dos muíños!!    

http://nea.educastur.princast.es/quixote/index2.htm
Para o 1º e 2º ciclo
.Se premes na imaxe, poderás aprender moitísimas cousas sobre esta famosa novela de forma moi divertida!! Mesmo poderás escoitar algún capítulo e ler unha versión en cómic!!


http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/tematicas/webquijote/obra_libro1.html
Para o 2º e 3º ciclo


As ligazóns que aparece a continuación son moi interesantes para o fomento da lectura e escritura!


http://lapiceromagico.blogspot.com.es/2015/04/50-actividades-para-el-dia-del-libro.html


 






http://blog.tiching.com/los-10-mejores-recursos-educativos-para-celebrar-el-dia-del-libro/
 OS DEZ MELLORES RECURSOS PARA CELEBRAR O DÍA DEL LIBRO




Versión íntegra da curta de animación gañadora do Óscar 2012. Esta curta demostra a importancia da lectura realizando unha fermosa homenaxe aos libros.




luns, abril 03, 2017

DÍA DO LIBRO INFANTIL

O día 2 de abril foi o Día Internacional do Libro Infantil, e sabes por que se escolleu esa data? Pois porque tal día como ese do ano 1805 naceu un gran escritor de contos infantís chamado HANS CHRISTIAN ANDERSEN, en Dinamarca, ao norte de Europa. Seguro que tes lido moitos dos seus contos sen saber que el era o autor, por exemplo: O patiño feo, O soldadiño de chumbo, O traxe novo do emperador...

Queres volver ler eses e outros moitos contos máis escritos por el? Preme na foto.



http://ciudadseva.com/autor/hans-christian-andersen/cuentos/


Hoxe, no cole, celebrámolo con interesantes lecturas deste autor, como por exemplo: "O reiseñor", "O traxe novo do rei" e  "A princesa e o chícharo".




Se queredes ler de novo o conto "O traxe novo do rei", podedes facelo no seguinte vídeo:

DÍA DO AUTISMO

O venres tivemos presente a todos/as os que teñen este síndrome, puxémonos un corazón azul cheo de fermosas palabras dedicadas a estas persoas e vestímonos tamén de azul. Ademais puidemos ver esta presentación coa música de fondo de Macaco.






  Aquí tendes un fermoso vídeo que vos fará pensar!



MIÑOCA E OURIZO

O pasado xoves 9 de maio estivo o escritor Ramón D. Veiga presentando o seu libro, "A miñoca e ourizo" ao alumnado do 1º ciclo. Un...