domingo, xaneiro 31, 2016

MURAL DA PAZ 2016

E así quedou o noso mural da Paz, no cal, cada clase traballou unha palabra negativa para acadar a positiva, e así, construir a paz entre todos e todas!

Noraboa ao Equipo de Convivencia por coordinar a actividade e aos titores e titoras polo bo traballo feito cos nenos e nenas.

Vos deixo o vídeo editado polo ENDL e outro coa canción de Migallas, "Campás pola paz",feito con pictogramas e lingua de signos.




luns, xaneiro 25, 2016

SONÁRBORE NO YOUTUBE


Canal de Youtube de Sonárbore, con cancións de María Fumaça, Mamá Cabra,  Pitusa Semifusa e moitos máis!!!

A FUXIDA


Dí Berta Dávila que A Fuxida é "unha historia sobre a guerra escrita para nenos e nenas que fan preguntas, para os que se interrogan sobre o que acontece. Mais tamén é unha historia dunha aventura, a da nena Nadia e a da súa familia, que teñen que fuxir e deixar atrás o seu mundo. E, sobre todo, a dos que nunca se renden, a dos que reconstrúen un lugar onde ser felices de novo porque saben que o importante é estaren xuntos, porque coñecen o segredo da ilusión e son capaces de comezar outra vez.

PREME NA CUBERTA DO LIBRO PARA SABER MÁIS...

MIÑOCA E OURIZO

O pasado xoves 9 de maio estivo o escritor Ramón D. Veiga presentando o seu libro, "A miñoca e ourizo" ao alumnado do 1º ciclo. Un...