mércores, xuño 30, 2021

PASAPALABRA

A coordinadora do noso EDL, Dolores Froján, realizou estes magníficos PASAPALABRA. Hai un para casa ciclo, de menor a maior complexidade. 

Parabéns, que ben o pasaron e canto aprenderon os nosos nenos e nenas!! 



PASAPALABRA 1º ciclo by marcos on Scribd

PASAPALABRA 2º ciclo by marcos

PASAPALABRA 3º ciclo by marcos

mércores, xuño 09, 2021

Gocemos Galicia! Receitas e produtos da terra

 Aquí vai outra proposta de Traslí para o noso proxecto deste ano. Os nenos e nenas convértense en grandes cociñeiros, agricultores e gandeiros para mostrarnos algunha receita ou produto típico da terra. 

- Marina de 3ºC ensínanos a plantar patacas e a facer un rico puré coas mesmas.

- Denís de 3ºA cóntanos que produtos ten na súa horta.

- Carla de 3ºA prepara un apetitoso polbo á feira.

- As torradas de Roi de 4ºA.

- Alejandra de 4ºA cociña unha exquisita bica galega.

- Lucas Corbacho de 4ºA fai un saboroso batido de amorodos.

- Noa Corbacho de 4ºA prepara unha mousse de plátano.

- André de 4ºA deléitanos coa receita das orellas de entroido.

- Anxo de 4ºA explícanos como plantar cebolas e facer unha rica cebola caramelizada.

-Lorena González de 4ºA fai unhas orellas de entroido con ovos da súa casa.

- Paula Castro de 4ºB elabora un torta de Santiago con ovos da casa.

- Aitor Iglesias de 5ºB sorpréndenos cuns ricos callos.

- Anxo García de 6ºB prepara unhas torradas de pan.

- Katia Barros de 6ºB ensínanos a facer unha deliciosa torta de Santiago.

- Sarai Miranda de 6ºB elabora unha bica galega.

- Xoel de 5ºB cociña unhas gustosas orellas de entroido.

- Mario Martínez de 5ºB explícanos como preparar unhas rosquillas.

Parece ser que as filloas gustan moito. Aquí vos deixamos as distintas receitas dos vosos compañeiros e compañeiras para que probedes a facer algunha.

Miguel de 4ºA

- María de 4ºA

Dani de 4ºB

Anxo García de 5ºB

- Candela Nores de 5ºB

- Ariadne de 5ºB

- Mario Martínez de 5ºB



martes, xuño 08, 2021

Gocemos Galicia! As nosas paisaxes

Este ano mergullámonos nun novo proxecto, "Gocemos Galicia", para poder coñecer todos os encantos que nos ofrece esta terriña. 

Traslí, a nosa mascota da biblioteca, encomendounos buscar información sobre as paisaxes galegas para que a súa viaxe por elas fose moito máis doada e interesante.

Aquí vos deixamos o resultado do noso traballo!

sábado, xuño 05, 2021

AS FAMILIAS CONTAN

Este curso moitas familias animáronse a compartir connosco o seu gozo pola lectura, agasallándonos con distintos contos. 

Moitas grazas, familias!

CONTOS EN 1ºA

             


CONTOS EN 1ºB



CONTOS EN 2ºB

                        

                               


CONTOS EN 4ºA



CONTOS EN 5ºA


CONTOS EN 6º A


MIÑOCA E OURIZO

O pasado xoves 9 de maio estivo o escritor Ramón D. Veiga presentando o seu libro, "A miñoca e ourizo" ao alumnado do 1º ciclo. Un...