xoves, xaneiro 29, 2015

O MUMO CHEGA AO MARCOS DA PORTELA!!!

Quedan poucas horas, pero xa estamos moi nerviosos esperando que cheguen as nove da mañá para ver o despregue deste fantástico camión!

Trátase dun museo itinerante que naceu en Francia, e que xa visitou moitos países: Camerún, Costa de Marfil, Bélxica, Mónaco e Suíza. 

Chegou a España o pasado mes de setembro, pasando por Barcelona, Zaragoza, Madrid, Valladolid e Vigo. 

E a súa última parada nesta etapa é en Pontevedra, e nin mais nin menos que no noso cole!!!!!






luns, xaneiro 26, 2015

WEBQUEST: A PAZ


ACTIVIDADE LIM: PAZ

APERTAS QUE VOAN

E ti, xa aprendeches a canción para o Día da Paz?

Volve a escoitala aquí.

MALALA YOUSAFZAI


Malala Yousafzai só tiña 12 anos cando os talibáns ocuparon o val do Swat, en Paquistán. Eles impedían que as nenas asisitisen á escola, pero Malala seguiu acudindo e denunciando a través do seu blog o importante que era a educación para o desenvolvemento dun país, o que case lle custa a vida.
Gañadora do Premio Nobel da Paz, converteuse nun símbolo internacional de protesta pacífica e de loita pola dereito á educación.

O ENDL elaborou este Glogster con recursos recompilados na rede para traballar sobre Malala. Agardamos vos sirvan de utilidade.


mércores, xaneiro 21, 2015

BRINCALETRAS GAÑADORES

Moitísimos parabéns aos gañadores e gañadoras dos Brincaletras: Yanira, Rosalía, Aarón, Gabriel, Elena, Lara, Andrea, Hugo Ruibal, María Jesús, Ainoa, Carlota, Pablo Casado, Sergio González, Iago e Paula Ruibal.

Grazas a todas as familias que participaron nesta proposta do ENDL.

Vos esperamos nas seguintes edicións!

mércores, xaneiro 14, 2015

ENGALANENO

ENGALANENO, unha web con diversión asegurada: xogos, música, cine, contacontos, karaoke e moito máis!!

Quen dixo que as tardes chuviosas eran aburridas?


MIÑOCA E OURIZO

O pasado xoves 9 de maio estivo o escritor Ramón D. Veiga presentando o seu libro, "A miñoca e ourizo" ao alumnado do 1º ciclo. Un...