mércores, febreiro 27, 2019

DÍA DE ROSALÍA

O pasado 24 de febreiro foi o día dedicado a nosa benquerida Rosalía de Castro! No noso centro cremos que un día non é suficiente, por iso vaise celebrar un  certame de poesía  no que poderá participar todo o alumnado do centro. Así, adiantámonos tamén á celebración do Dia da Poesía, recitando os fermosos poemas desta grande escritora galega!! Poemas como os que podedes ler na seguinte ligazón.
Unha vez realizado, poremos os vídeos e informaremos dos gañadores/as!! 
ESCOLMA DE TEXTOS DE ROSALÍA DE CASTRO


PREME  AQUÍ



certame poesía by marcos on Scribd

ORBIL VISITA O C.E.P. MARCOS DA PORTELA!!

Canta ilusión e tenrura reflectidas nas caras do noso alumnada de 1º e 2º!! E tamén na dalgunhas "profes"!! Esperemos que teñan esa mesma ilusión pola lectura e gocen con ela como o fixeron hoxe con este personaxe do Salón do Libro de Pontevedra!

Preme para ver máis fotos.



ROTEIRO SARMIENTO

Este  luns, día 25, o alumnado de 6º percorreu as rúas de Pontevedra para realizar o roteiro Sarmiento. Temos que dar as grazas a Roberto por todo o que nos contou sobre Sarmiento e o momento histórico no ue viviu.
Que ben o pasamos, até "navegamos" nun barco que nos recorda ata onde chegaba a auga naquela época!! Podedes ver as fotos máis abaixo!


Se queres ler máis información, preme na foto

Nesta mesa, Martín Sarmiento (1695-1772) forxou un dos máis importantes e orixinais legados intelectuais da Ilustración española, ao tempo que sentaba os alicerces para o desenvolvemento do galeguismo contemporáneo. Sarmiento investigou e reflexionou sobre case todos os ámbitos de coñecemento do momento: botánica, xeografía, filoloxía, historia, economía, antropoloxía, nada escapaba á curiosidade do erudito. Pero a súa maior obsesión foi o estudo de Galicia nos seus distintos aspectos, cun afán abertamente revindicativo a con miras ao seu progreso material e espiritual. Unha boa parte da obra de Sarmiento permanece inédita ou é escasamente coñecida. Desde os mesmos finais do século XVIII a intelectualidade galega, e con forza crecente tamén os estudosos da Ilustración hispánica, vén reclamando a divulgación do legado sarmentino.

FOTOS DE 6º


FOTOS 5º

CANTOS CONTOS CON ANXO MOURE!

O pasado venres o alumnado de 3º e 4º tivo a sorte de escoitar contos solidarios, ecolóxicos, creativos... contados polo  xenial Anxo Moure, quen chegou ao no centro montado no seu especial patinete, chamado " NUBINETE"!!


martes, febreiro 12, 2019

DÍA DA NENA E MULLER NA CIENCIA

Onte, día 11 de febreiro, o alumnado de 6º celebrou por todo o alto o Día da Nena e a Muller na Ciencia participando na videoconferencia  de Begoña Vila, astrofísica nada en Vigo, que traballa como inxeñeira xefe no proxecto do telescopio espacial James Webb,  que sustituirá ao Huble no vindeiro 2020.


Preme na foto 
Preme na foto para ver  outras fotos do acto
Preme na foto para ler  información sobre Begoña Vila




sábado, febreiro 09, 2019

A PAZ

Que fermosa celebración tivemos o Día da Paz!!! A paz que, por certo, temos que ter presente todos os días da nosa vida! Comezamos a conmemoración coa lectura, a cargo de alumnos/as de 6º,  dun fermoso poema escrito pola profe Isa a partir duns versos  de Ana María Fernández,  "Sabor a Paz"; logo, puidemos ver o vídeo do alumnado de 1º e 2º recitando o poema da mesma autora titulado "Os dedos", que ben o dramatizaron!; a continuación, o alumnado de 4º recitou o fermoso poema "Apostas pola Paz" composto polas diferentes clases de 4º  ; e, por último, cantamos a emocionante canción "Rumba das apertas" de Magín Blanco!!

 E non esquezamos que agora xa sabemos dicir a palabra "paz" en moitas linguas!! Mira ao final da entrada.
Tamén temos que destacar o traballo  realizado polas familias para versionar  o poema "A paz" de Ana Mª Fernández. Parabéns!!


Sabor a Paz by on Scribd


Apostas Pola Paz by on Scribd




PREME NA FOTO PARA VER AS DEMAIS




Non esquezamos que tamén fixemos o mural deste día, onde se plasmou un poema cunha mensaxe de paz para o noso centro e para todo o planeta,  "Xuntos pola paz"!! Arredor del situáronse  palabras que significan "paz" noutras linguas, algunhas delas  minoritarias. Que ben quedaron , canta creatividade nos diferentes deseños!!
 Agora xa sabes o que significa "Trifuscó" e todas as demais palabras!! 




MIÑOCA E OURIZO

O pasado xoves 9 de maio estivo o escritor Ramón D. Veiga presentando o seu libro, "A miñoca e ourizo" ao alumnado do 1º ciclo. Un...