luns, maio 29, 2023

ÚLTIMAS NOVIDADES

PDI: TEMPO DE XOGO

Este curso o noso proxecto de centro foi "Tempo de xogos". Cada curso estivo traballando os nosos xogos tradicionais e os doutras culturas que hai no cole. Para rematar elaboramos un libro onde recollemos algúns dos xogos investigados. 
Animádesvos a xogar?



Neste vídeo o alumnado de 1º B ensínannos o xogo do "Lambonciño"!


E todos e todas saímos á rúa para xogar coas nosas familias aos xogos sobre os que investigamos e, mesmo, fixemos o material: fichas, taboleiros...!
                               

venres, maio 12, 2023

POLO CORREO DO VENTO: FRANCISCO FDEZ. DEL RIEGO

 O venres , día 5, fomo até o novo edificio do museo para aprender máis sobre o homenaxeado este ano nas Letras Galegas: Francisco Fernández del Riego. 

Pasámolo moi ben e ademais de aprender moito sobre a súa biografía, ensináronnos a debuxar a súa caricatura!!




venres, maio 05, 2023

SALÓN DO LIBRO 2023

Este ano, a nosa aventura no Salón do libro comezou cunha xornada literaria, o Trocalibros,  que se celebrou o día 23 de abril, o Día do Libro. Foi unha xuntanza marabillosa na que puidemos darlle unha  segunda vida a eses libros que nos fixeron coñecer novos mundos e darlle a benvida a outros que nos permitirán continuar con esa viaxe.
      
Preme na imaxe para ver as fotos do Trocalibros


Os nenos e nenas de 2º, 4º e 6º, colaboraron co Salón do Libro coa "Casa dos meus xogos", un espazo que abre as portas a distintos xogos relacionados coa lingua. 
Os de 2º fixeron un libro de adiviñas para xogar coas palabras.
Os de 4º elaboraron un libro con diferentes retos de lóxica para darlle ao coco. 
Os de 6º propuxéronnos xogar cos contos, creando, a partir dun principio, diferentes nós e desenlaces susceptibles de ser cambiados para dar lugar a historias absurdas.
Grazas nenos e mestres pola vosa dedicación.


Preme na imaxe para ver o traballo do Salón do Libro


Este alumnado, despois do seu traballo e implicación, tivo o pracer de visitar as exposicións e participar nos distintos obradoiros que se ofrecían, así como de visitar ao noso gran amigo Orbil.


Preme na imaxe para ver as fotos da visita

Deica o ano que ven!

martes, maio 02, 2023

MAIO 2023

Este ano non podía ser menos, como sempre o camiño da perfección é coñecido por tod@s aquel@s que participamos na súa elaboración.

Hai que agradecerllelo a toda xente que se implicou, xa que non só viñeron alumn@s e pais-nais deste ano académico, senón de anos pasados. Ademais a pé de canón estiveron esas persoas que sen ter relación directa co centro -pois xa non teñen fill@s no mesmo dende hai moitos anos- non faltan ano tras ano, amosando un interese e unha emoción que agradecemos enormemente! Tamén ás profes xubiladas que viñeron botar unha man  a aprol desta tradición que se perdería de non ser por esa xenerosidade de tod@ os/as participantes.

A meta conseguiuse sobradamente, xa que se obtiveron os seguintes premios: 

  1. Primeiro premio en  Maio.
  2. Segundo premio en Coroa e Interpretación de coplas.
  3. Terceiro premio en composición de Coplas. 
Todo o recadado empregarase para pagar parte do custo das saídas de fin de curso  de todo o alumnado  do centro.

PREME PARA VER MÁIS FOTOS




Aquí tendes as creativas coplas!!

Coplas Ler 23 by Marcos Portela

MIÑOCA E OURIZO

O pasado xoves 9 de maio estivo o escritor Ramón D. Veiga presentando o seu libro, "A miñoca e ourizo" ao alumnado do 1º ciclo. Un...