luns, decembro 15, 2014

ABRE A TÚA PORTA

"Abre a túa porta" é o blog que nace co Proxecto de intercambio e convivencia que ten lugar entre o noso centro e o CEIP Isidora Riestra de Poio, e que se repite por segunda vez este ano, dado o éxito o curso pasado.

O Proxecto consiste na interrelación entre o alumnado dos dous colexios e o achegamento a través de diversas formatos textuais ou dixitais: postais, cartas, murais, vídeos, etc.

Os obxectivos son fundamentalmente dous:

- Coñecer nenos e nenas doutros contextos, neste caso pertencentes a unha zona máis rural, e por tanto, valorar a diversidade, así como adquirir habilidades sociais.
- Dar sentido á escritura, empregando textos significativos ou medios dixitais.

Este curso participan 1º, 2º e 3º nivel. E polo de agora, fixéronse dúas actividades: a presentación entre cada aula de cada nivel a través de murais e a visita dos nosos nenos e nenas ao outro centro.

Preme aquí para ver o blog ou escribe na barra de dirección:



venres, decembro 05, 2014

BRINCALETRAS 1

Hoxe enviamos ás casas o primeiro Brincaletras, que nace con moita ilusión e con ánimo de que vos divirtades en familia empregando a lingua galega. E xa sabedes, os mellores Brincaletras serán premiados cunhas medallas estupendas!

Que o desfrutedes!!!



HISTORIA DA BICICLETA DUN HOME LAGARTO

A semana pasada, Fina Casalderrey presentou o seu novo libro "Historia da bicicleta dun home lagarto". E nós tivemos a sorte de participar nesta presentación da man de Teo de 3º A e Lucía de 4º C, que o fixeron estupendamente!

Noraboa!

PRESUME DE GALEGO

Existimos os e as galegofalantes de menos de 60 anos, incluso de menos de 40, e de 30, de feito case ningún chegamos aos 18! 
Se entras aquí podes comprobar que desde os 3 anos xa falamos moi ben!
Porque a nós tamén nos gusta mimar o noso galego, presumir do ben que falamos, da fonética marabillosa que nos sae da gorxa!
Por iso queremos compartir a nosa fala. De aquí e de acolá. Desde Ortegal ata o Miño, desde Fisterra ata os Ancares, desde A Coruña a Vigo...
Falamos de calquera tema en menos dun minuto e ti podes escoitarnos e/ou xuntar xuntar a túa voz coa nosa!
Entra e escoita! E se che gusta... comparte e participa!



OLLOS DE AULA Nº 18

Aquí tendes o Ollos de aula do mes de decembro! Neste número poderás ver: como é o primeiro ano de escola para os nenos e as nenas de Educación Infantil, como educar aos homes para o século XXI e varios aspectos sobre o Regulamento de Réxime Interno, entre outras cousas. Preme na imaxe.

 

xoves, decembro 04, 2014

CONTOS DE MEDO

Que contos tan terroríficos, arrepiantes... contaron tanto mamás como papás, tíos, avoas... 
Hai que darlles as grazas pola súa participación nesta actividade programada para celebrar o Samaín. Ademais fixérono moi ben!!

 

mércores, decembro 03, 2014

MURAL "O NOSO MAGOSTO" DE 4º

PREMIO ONDAS PARA PONTE NAS ONDAS


CONCURSO MELODÍA DA IGUALDADE

Outro ano máis, e coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas, o noso colexio participou no concurso "Melodía da Igualdade", organizado polo Concello de Pontevedra e a Fundación Meniños. Nesta edición, os traballos centráronse no Dereito á Igualdade.

De entre todos os premiados, tivemos dous gañadores do noso centro: 

Pola categoría de 1º e 2º, Paula Azcueta Vidal, con este debuxo.


E na categoría de 3º e 4º, André Pazo Domínguez, co relato "Un día para pensar". 



Noraboa aos dous!!!

Estamos moi orgullosos!



MIÑOCA E OURIZO

O pasado xoves 9 de maio estivo o escritor Ramón D. Veiga presentando o seu libro, "A miñoca e ourizo" ao alumnado do 1º ciclo. Un...