mércores, decembro 27, 2023
FESTIVAL DE NADAL 2023
xoves, decembro 21, 2023
luns, novembro 27, 2023
ABRIMOS A BIBLIO!
Deixámosvos un vídeo para que o vexades!
sábado, novembro 25, 2023
25 N
domingo, xullo 16, 2023
PASAPALABRAS 2023 SOBRE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
PASAPALABRA PARA 1º E 2º
Pasapalabras 2023 1º e 2º/... by Marcos Portela
PASAPALABRA PARA 3º E 4ºPasapalabra 2023 3ºe 4º by Marcos Portela on Scribd
PSASPALABRAS PARA 5º E 6ºPasapalabra 23 5º e 6º by Marcos Portela on Scribd
xoves, xullo 06, 2023
A NOSA RADIO
A NOSA RADIO!
Aquí tendes a ligazón do noso canal en IVoox. Poderedes escoitar todos os podcasts que se fan co alumnado do noso centro; todos ben interesantes!!
martes, xullo 04, 2023
DICÍMOSCHO NÓS 2023
Se queres ver que ben falan os nosos nenos e nenas e canto saben mira os vídeos da seguinte ligazón!
domingo, xullo 02, 2023
venres, xuño 30, 2023
ENREGUÉIFATE
ENTREVISTA RADIOFÓNICA E CHARLA DA ENXEÑEIRA BELÉN RIVEIRO
O seu proxecto aborda o feito de que a sociedade enfróntase con cada vez con maior frecuencia a eventos extremos de origen natural ou derivados da acción humana, como ataques terroristas, que poñen de manifesto a vulnerabilidade das infraestruturas e edificios. Os pontes son especialmente vulnerables e o seu fallo estrutural acostuma dar lugar a catástrofes con grandes daños materiais e perda de vidas humanas. Só desde o año 2000, máis de 60 pontes colapsaron en todo o mundo durante condicións de servicio, provocando máis de 540 mortes y 500 feridos ou desaparecidos. Este proxecto busca desenvolver un novo sistema de alerta temperá baseado na Intelixencia Artificial (aprendizaxe profundo o deep learning) para detectar de manera rápida, barata e precisa os fallos estruturais que poden poñer en risco a estabilidade dunha ponte.
PREME PARA VER MÁIS FOTOS |
xoves, xuño 29, 2023
OS BOLECHAS QUEREN SABER COMO PRODUCIR MENOS LIXO
O alumnado de 1º de Primaria quere darnos uns consellos para reducir o lixo que producimos.
luns, xuño 19, 2023
BRINCADEIRAS DA LINGUA
Dicimos deica o curso que ven aos "Martes contan con arte" con Brincadeiras da Lingua, un espectáculo de Migallas Teatro cheo de xogos, contos e cancións sobre os ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia.
Pasámolo en grande!
venres, xuño 09, 2023
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
xoves, xuño 08, 2023
DÍA DE ROSALÍA E DÍA DA POESÍA
Para celebrar o Día de Rosalía, as diferentes aulas decoraron as súas portas con poemas de Rosalía de Castro. A verdade é que fixeron un traballo marabilloso e quedaron preciosas.
PREME PARA VER MÁIS |
No Día da Poesía continuamos, como xa é tradición, co noso recital de poesía. O alumnado recitou poemas desta nosa querida autora. Menudos artistas!
Non vos perdades os vídeos de 1º e 2º PREME AQUÍ !!
luns, maio 29, 2023
PDI: TEMPO DE XOGO
venres, maio 12, 2023
POLO CORREO DO VENTO: FRANCISCO FDEZ. DEL RIEGO
O venres , día 5, fomo até o novo edificio do museo para aprender máis sobre o homenaxeado este ano nas Letras Galegas: Francisco Fernández del Riego.
Pasámolo moi ben e ademais de aprender moito sobre a súa biografía, ensináronnos a debuxar a súa caricatura!!
venres, maio 05, 2023
SALÓN DO LIBRO 2023
Deica o ano que ven!
martes, maio 02, 2023
MAIO 2023
Este ano non podía ser menos, como sempre o camiño da perfección é coñecido por tod@s aquel@s que participamos na súa elaboración.
Hai que agradecerllelo a toda xente que se implicou, xa que non só viñeron alumn@s e pais-nais deste ano académico, senón de anos pasados. Ademais a pé de canón estiveron esas persoas que sen ter relación directa co centro -pois xa non teñen fill@s no mesmo dende hai moitos anos- non faltan ano tras ano, amosando un interese e unha emoción que agradecemos enormemente! Tamén ás profes xubiladas que viñeron botar unha man a aprol desta tradición que se perdería de non ser por esa xenerosidade de tod@ os/as participantes.
A meta conseguiuse sobradamente, xa que se obtiveron os seguintes premios:
- Primeiro premio en Maio.
- Segundo premio en Coroa e Interpretación de coplas.
- Terceiro premio en composición de Coplas.
xoves, abril 13, 2023
TROCA DE LIBROS. FEIRA DO LIBRO USADO
Gustaríache darlle unha segunda vida aos teus libros?
O domingo 23 de abril, no Pazo da Cultura de Pontevedra, entre as 11:00 e as 14:00, terá lugar unha nova edición do Trocalibros.
Se tedes algún libro na casa en bo estado e que xa non ides volver a ler, é o momento de darlle unha segunda vida e que outro poida gozar del.
Podedes traer eses libros ao centro, agás enciclopedias e dicionarios, e nós a cambio darémosvos un vale que poderedes trocar o día da feira por un libro que desexedes.
Animádevos a participar nesta xornada literaria!
domingo, marzo 26, 2023
xoves, marzo 16, 2023
A CIDADE VIOLETA
Con motivo da celebración do Día da Muller realizamos un obradoiro de igualdade e creatividade, "A Cidade Violeta", dirixido por Anxo Fariña. Aprendimos moitos dos seus trucos para crear personaxes e pintamos unha cidade violeta cunhas pinturas especias que se iluminaban na escuridade cunha lanterna. Pasámolo en grande!
mércores, marzo 15, 2023
VISITA DE ANDREA MACEIRAS
Os nenos e nenas de 5º e 6º recibiron a visita de Andrea Maceiras, autora dos libros "Conta nove estrelas" e "A folla azul". Xuntos puideron intercambiar ideas sobre as súas lecturas e gozar do momento da firma de libros. Foi un encontro moi agradable.
martes, marzo 14, 2023
VISITA DE MARÍA CANOSA
xoves, marzo 09, 2023
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Que boa maneira de celebrar esta conmemoración tan importante e, aínda, necesaria!
Tivemos o pracer e a sorte de contar coa visita dunha moza que está loitando por romper as barreiras desta sociedade cos seus puños, nunca mellor dito (recordade que este deporte ten unhas regras moi estrictas); pois, Yohana Jiménez é boxeadora e campioa a nivel autonómico e nacional!!
Contounos a súa experiencia como deportista e estudante, e falounos de valores moi importantes como o esforzo ou o respecto. Esperamos que siga obtendo éxitos na súa vida e abrindo camiños cos seus "puños" e as súas palabras.
Continuamos coa conmemoración deste día dun xeito inmellorable, xa que o venres 10 tivemos a visita de Carla Santoro, unha nena que cursa 1º de E.S.O. Carla loita, tamén, no seu día a día coa súa discapacidade visual e, ademais, participa en campionatos de atletismo a nivel nacional. Déixanos claro que para conseguir metas o importante é o esforzo e tesón, e que non hai ningún tipo de trabas que poidan frear as ansias por conseguir o que desexamos!!
Cando puidemos comprobar, cunhas gafas, como percibe o mundo, aínda a admiramos máis!! Sabemos que chegarás moi lonxe, estaremos pendentes dos teus logros!!
Tamén, coma todos os anos fixemos un fermoso mural; no que recordamos a moitas mulleres que foron ben importantes! Atréveste a ser ti unha destas mulleres!?
luns, febreiro 20, 2023
ENTROIDO 2023
E chegou o Entroido!!!!
Canto "xogo" nos deu este novo entroido! Disfrazámonos de moitos xogos: parchís, dominó, quen é quen?, tres en raia, quebracabezas con mensaxe e xadrez!!
Contamos, como todos os anos, cun acompañamento musical inmellorable!! Moitas grazas á Las Flores del Carnaval e Os Canecos que nos acompañaron durante todo o desfile!!,
Fixémoslle ao Meco un bo xuízo e decidiuse unha sentenza sen contemplacións! Os fiscais leron as acusacións sen titubeos, como poderedes ver nos vídeos; temos que dar as grazas á nosa poetisa Isa pola súa axuda coas coplas. A continuación, leuse o seu testamento e, por último, procedeuse á súa queima!
xoves, febreiro 16, 2023
VISITA DE "EL HEMATOCRÍTICO"
Os nenos e nenas de 2º, despois de ler o libro "Feliz Feroz", puideron gozar hoxe da visita do seu autor, "El Hematocrítico", co que compartiron moitas risas.
Para ver máis fotos preme aquí.
luns, febreiro 06, 2023
CHARLA DO ALUMNADO DE 2º CO SOCIÓLOGO ERICK PESCADOR
PAZ 2023
Agora coñecemos como desexamos que sexa o noso mundo, os nosos soños... Ao igual que Martín Luther King, verbalizamos e describimos o mundo de igualdade, respecto e harmonía co cal soñamos.
Podedes ver a foto do mural que fixemos con eses soños.
Ademais, Rafa e Alicia, coa colaboración doutros mestres, prepararon dúas fermosas actuacións coas que puidemos reflexionar de maneira moi acertada: A Tartaruga que quería durmir (vídeo con dobraxe) e Unha Abella de máis (teatro de sombras)!Fotos de A tartaruga que quería durmir
Aquí tendes o vídeo-conto de "A abella de máis".
domingo, febreiro 05, 2023
OS MARTES CONTAN CON ARTE. A pomba de Pablo
Este pasado martes tivemos a sorte de poder gozar do contacontos ilustrado "A pomba de Pablo", da man de Polo Correo do Vento. Pasamos un momento marabilloso e cheo de risas.
Animámosvos a seguir asistindo a estes encontros tan especiais.
xoves, xaneiro 26, 2023
luns, xaneiro 09, 2023
XA CHEGA O NADAL
Empezamos a quentar motores para a celebración dun Nadal máis coa preciosa decoración das nais e pais e o magnífico belén!! Este ano tampouco faltaron as fermosas felicitacións que se intercambiou o noso alumndo! PREME AQUÍ
E non podemos establecer o marabilloso festival que organizou o profe Rafa!!MIÑOCA E OURIZO
O pasado xoves 9 de maio estivo o escritor Ramón D. Veiga presentando o seu libro, "A miñoca e ourizo" ao alumnado do 1º ciclo. Un...
-
Marabilloso festival de Nadal 2023!! Ano a ano, o profe Rafa fai que o noso alumnado se convirta en verdadeiros/as artistas!! Parabéns!! ...
-
Para celebrar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz , contamos cun estupendo contacontos e teatro de papel. Coas diferentes historias que ...