25/6/16

CONCURSO DE DEBUXO PRAZA DE ABASTOS

Despois da visita á Praza de Abastos, alá polo mes de abril, todos e todas os nenos e as nenas de 1º e 2º, participaron no concurso de debuxos con cadanseu deseño.

E resulta que ao final temos tres gañadoras!!!

Uxía Solleiro Franco, Paula Licer López e
Sarai Miranda Cortegoso.

Noraboa, rapazas!







AS PONTES DE CROCAUGA

O alumnado de quinto traballou nun proxecto sobre as Pontes de Pontevedra a través da mascota do río Lérez, Crocauga, aparecida sen previo aviso no vestíbulo e deixando como rastro unhas pegadas misteriosas.
Investigaron moito sobre o tema con ela. 
Como resultado do proxecto, construiron esta maqueta de Pontevedra, que luce así na entrada do noso centro.




Por certo, non vos perdades a entrevista a Crocauga na revista Chorimas! Alí atoparedes moita información sobre esta mascota e os traballos que fixeron os nenos e as nenas de quinto.



A FRAGA DE 1º

O alumnado de 1º aprendeu moitas cousas sobre os animais da fraga. 
Aquí tedes o resultado neste fermoso mural.




A HORTA DE 2º

Os Bechos da Horta foi o proxecto no que traballaron durante todo o curso, os nenos e as nenas de 2º. Ademais de facer un libriño de rimas que presentaron xunto ao traballo do Salón do Libro, tamén fixeron este estupendo mural que mesmo parece unha horta de verdade!







CANTA BICHERÍA HAI NESTE COLE! (VÍDEO - PRESENTACIÓN)

Con todos os traballos expostos no corredor sobre o tema dos animais, elaboramos este vídeo. 

Esperamos que vos guste!

Parabéns ás familias que participaron no proxecto.