Hoxe 8 de marzo, Día da Muller convidámosvos a analizar as diferentes imaxes que aquí se amosan para falar sobre a falta de igualdade e así loitar por ela.
Se premes nesta liguazón poderás ver unha escolma de libros sobre igualdade.
Hai palabras saborosas que alimentan o pensamento. Hai palabras agarimosas que quentan o corazón. Hai palabras soñadoras que nos levan de aventuras. Hai palabras doces, lambetadas para os sentimentos. Hai palabras en galego: saborosas, agarimosas, soñadoras, doces... que esperan mergulladas, ser escoitadas. A que esperas?!